Tempo  14 horas 47 minutos

Coordenadas 587

Fecha de subida 14 de septiembre de 2014

Fecha de realización agosto 2014

-
-
109 m
8 m
0
1,9
3,7
7,45 km

Vista 1768 veces, descargada 10 veces

preto de Bemil, Galicia (España)

Os primeiros poboadores dos que se ten constancia son os CILENOS[1]. Con referencia a este pobo, citaremos o TESOURO DE CALDAS DE REIS [2] , atopado no "deposito de As silgadas" no ano 1940, que data da idade de bronce.

[1] Os galaicos foron un conxunto de pobos celtas e preceltas afincados en Gallaecia, dentro destes encontrábanse os CILENOS, que foron un pobo castrexo prerromano que ocupaba o territorio que media entre os ríos Ulla e Lérez.
Hidacio e Plinio consideraron que o núcleo ou capital deste territorio era “Aquae Celenae” ("pobo das Augas Cilenas"), lugar que hoxe corresponde á actual vila de Caldas de Reis.
Este pobo adoraba, entre outros, ao Deus Edovio.



[2] O TESOURO DE CALDAS DE REIS, O día 20 de decembro de 1940 achouse un tesouro (técnicamente nomeado "Depósito de As Silgadas") no lugar de As Silgadas cando uns operarios se adicaban ó labor de emparrado e se dispuñan a facer un buraco no terreo.

o tesouro de Caldas de ReisFoi D. Amalio Touceda quen persoalmente o atopou.Calcúlase que en orixe tiña un peso de 27 kgs., hoxe 14,9 Kgs., e está exposto no Museo de Pontevedra. É o tesouro de maior peso achado na península Ibérica, así como un dos máis importantes de Europa. Segundo os estudos arqueolóxicos realizados, este tesouro data do periodo 1500-1600 a.C.

Para saber máis:
pdf"O tesouro desencantado", (Xoan M. Domato e Beatriz Comendador , Concello de caldas de Reis 1998).









separadorflecha Época romana



Os romanos someteron a estes pobos e denominaron a estas terras como Aquis Celenis o Aquae Celenae. A importancia deste enclave refléxase en que lle deron a categoría administrativa de “municipium”, que lle otorgaba os dereitos da cidadanía romana, sendo ademais a sede dunha das lexións romanas que protexían Galicia. Tamén construiron en Caldas a “mansio de Aqvis Celenis” da Vía Romana XIX (entre Bracara Augusta, a actual Braga, e Asturica Augusta, Astorga), unha mansión de cómputo e parada da Vía.

Tres das pontes de Caldas son parte do legado romano e aparecen no escudo de la vila.

Ponte sobre o rio Bermaña- A ponte grande de entrada a Caldas, sobre o río Umia, con cinco arcos de medio punto e duelas uniformes perdeu xa a súa traza primitiva

- A ponte sobre o río Bermaña de tres arcos de medio punto, pretil de pedra e entrantes para os viandantes, todavía conserva restos do pavimento antigo.

- Tamén é romana outra ponte dun só arco. Está en Segade, aproximadamente a dous kilómetros de Caldas e se pode acceder a ela andando sobre as pedras da antiga calzada romana.









separadorflecha Idade Media



Na alta idade media, durante o dominio dos Suevos, Caldas sería Sede Episcopal, ata o ano 569.

As invasións e os conflictos bélicos que axitaron Galicia nos primeiros séculos da Idade Media fixéronlle perder a Caldas a súa categoría de sede episcopal. Quedou eclipsada pola importancia relixiosa de Iria Flavia, perdendo incluso o nome de Aquis Celenis que lle tiñan posto os romanos

No Século XII, a Raíña Dna. Urraca de Castela, posuía unha torre defensiva [3] na vila onde pasaban longas tempadas, xunto co seu fillo Alfonso, fruto do seu matrimonio con Raimundo de Borgoña (Conde de Galiza), que reinaría como Alfonso VII. Así pasou a denominarse Caldas de Rex, sendo vila de realengo e abadengo.

Na Idade Media, constrúense un elevado número de igrexas románicas [4] vinculadas ao Camiño Xacobeo Portugués no que Caldas é lugar de paso obrigado para os peregrinos procedentes do Sur. Conta a historia que por este camiño pasou Thomas Becket ou Santo Tomás de Canterbury, a quen se lle adica a igrexa que leva o seu nome.

A finais do século XVI ( en Galicia a Idade Media alargouse un pouco máis), Caldas deixa de estar sometida á xurisdicción do arzobispado de Santiago , e noméase Vila de Realengo polo rei Felipe II , ao que os veciños de Caldas compran o dereito de administrarse como municipio libre.

Comezan a asentarse na comarca numerosas familias fidalgas. Os Pazos de Casal Novo, O Curuxal e A Peroxa, falan destas familias nobres que buscaron ao amparo de Caldas, un lugar para estabrecerse e vivir a corpo de rei.



[3] A TORRE DE DONA URRACA

Torre de Dona Urraca
Torre defensiva do século XII, pertencente á Raíña Dona Urraca.
Foi derrubada a finais do século XIX, para construir a igrexa de Sto. Tomé.









[4] AS IGREXAS ROMÁNICAS DE CALDAS DE REIS

Igrexa de Sta. María de BemilEn Caldas abundan os templos románicos, construidos e axustados ás normas artísticas das escolas compostelanas, nas que son notorias as influenzas culturais procedentes das peregrinacións.
Destacan Santa María de Caldas, San Andrés de Cesar, Santa María de Bemil e Santo Estevo de Saiar.

(Imaxe: Sta. María de Bemil)









separadorflecha Idade moderna



Durante a Idade Moderna Caldas mantivo unha importante vinculación coas cidades de Pontevedra e de Santiago; as súas parroquias dependían dun bo número de xurisdiccións e coutos como os de Caldas, o de Peñaflor, o das Silgadas ou o de Arcos, se ben destacaban os dereitos do arcebispado compostelán.

No ano 1581 os veciños de Caldas adquiriron os dereitos da Vila que o Rei Felipe II puxera á venda e permitiu que Caldas se convertese en vila de reguengo, na que o arcebispo, non obstante, mantiña os privilexios e franquías propios da xurisdición que se lle recoñecía arredor da antiga torre onde asentaba a autoridade de xuíz de Caldas.

Vista de Caldas (primeira mitade século XIX)A vida da Vila non permaneceu queda ao longo deste período e así asistiu a diversos cambios que lle deron identidade dentro da bisbarra dende mediados do séc. XV, grazas aos franqueos de mercado e feira concedidos polo arcebispo de Santiago; a actual rúa Real de Caldas, que era chamada ‘Rúa Vella’ ou ‘Camiño Real’, organizaba o principal asentamento da poboación, dende as casonas blasonadas e soportaladas de distintas familias fidalgas que detentaron un importante poder de rendas a mercede do cobro de ‘foros’, como a casa de Barba Figueroa, ata as fondas, os obradoiros e as vivendas das clases populares ocupadas en distintos labores artesanais e campesiños, como os panadeiros da rúa dos Fornos, que abastecían a cidade de Compostela con boa parte das súas pezas e bolas.

Así foi como a importante presenza de ferreiros e zapateiros convertiu o antigo barrio do Vilar na rúa da Ferrería, que desenvolveron unha moi destacada actividade no séc. XVII.

No lugar de a Tafona se asentaban os obradoiros das curtidurías de coiro dende o século XVII

Durante os séculos XVII e XVIII, os comerciantes de Caldas de Reis, organizaban o tráfico de tecidos de liño de toda a comarca, ao tempo que teceláns, curtidores e palilleiras, constituían o nucleo da industria local.

A parroquia de Arcos da Condesa, era un salentable centro téxtil, no que ademais, xa de aquela estaba instalado un grupo de artesáns fabricantes de Campás., que aínda hoxe manteñen a tradición no lugar de Badoucos.



Xa nesta época, as augas da burga tiveron un papel moi relevante na actividade cotiá da vida local; ademáis de seren unha base de abastecemento primordial de auga na Vila, como moitos coengos e outros membros do clero compostelán adoitaban facer, moitos doentes chegaban a Caldas dende outras poboacións e eran acollidos non só no antigo Hospital da Vila, que aínda no séc. XVII daba amparo aos peregrinos que camiñaban cara a Compostela, senón concretamente nas pousadas que estaban situadas nas rúas da contorna da antiga ‘fonte quente’, á que acudían para tomar baños e remedios cos que curar diversas enfermidades, e sendo precursores do termalismo incipiente das casas de baños e balnearios que no séc. XVIII foron fundados en Caldas.

fabricas en Segade A forza das augas do Río Umia, no lugar de Segade, tiveron un especial protagonismo industrial no século XIX, xa que alí estivo situada unha das primeiras fábricas de papel continuo de España, e unha central eléctrica, (orixe da máis importante eléctrica galega).

Un dos máis destacados impulsores da electricidade (entre outras moitas actividades)en Galicia, foi D. Laureano Salgado (Caldas 1847-1939).

Wikipedia


Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta