Tempo  unha hora 17 minutos

Coordenadas 556

Fecha de subida 19 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
71 m
-16 m
0
0,5
1,0
1,93 km

Vista 2029 veces, descargada 29 veces

preto de Baroña, Galicia (España)

4-10-14 Visitamos iste esplendido castro. Fixemos fotografias pola mañan e pola tarde con tempo cambiante, de aí a diferente luminosidade.
Dende Porto do Son tómase a C-550 en dirección a Ribeira. Pasados 4,5 km chegamos a Baroña. A man dereita hai un indicador que reza "Castro de Baroña",coordenadas GPS: 42°41'41.40"N - 9°1'57.10"O) alí aparcamos e tomamos un camiño ao lado do Bar "O Castro" que descende cara á costa e conduce directamente ao xacemento.
Iste poboado da Idade do Ferro constitúe un exemplo sumamente representativo de "castro costeiro". Está situado sobre unha pequena península que se interna no mar.
A cultura castrexa apareceu a finais da idade do bronce. A construcción fase con formas redondeadas. A ourivaria alcanza gran desenrolo, con torques, diademas e arracadas moi elaboradas.
A cerámica, normalmente pintada, fase a man ou no torno de roda.
Aparece a figura dos trisqueles, que son símbolos de vida.
Aínda que o depósito estivo ocupado dende inicios da segunda Idade do Ferro ata ben entrada a época romana, a súa aparencia actual tería a súa orixe no século I a.C. - a I d.C.), momento no que o asentamento viviu unha expansión urbanística e demográfica.
Estrutúrase a partir dun complexo sistema defensivo, cunha primeira liña de foso e muralla que protexe o istmo, seguida doutra que delimita os recintos habitacionais e alcanza características monumentais. Aquí ábrese a entrada principal coa escalinata de acceso.
No interior, agrupados en tres plataformas, atopanse máis de trinta estruturas arquitectónicas que se adaptan á accidentada topografía da península e son de planta simple, de forma circular ou ovalada. A maioría serían vivendas, aínda que algunhas servirían como espazo para o desenvolvemento de actividades artesanais.
Foi escavado por primeira vez no 1933 por Sebastián González-García. O traballo non esta rematado, sobre todo na parte superior.
O lugar esta sometido a unha visita masiva, e as veces incívica dalguns cidadans.
Unha excursión moi recomendable
Vistas xerais con diferente luminosidade
04-OCT-14 18:20:37
04-OCT-14 18:33:36
04-OCT-14 18:50:13
04-OCT-14 19:00:03
Porto Do Son
04-OCT-14 19:05:35
Porto Do Son
04-OCT-14 18:44:12
04-OCT-14 18:45:49
04-OCT-14 19:03:43

2 comentarios

  • Foto de michavila

    michavila 04-ago-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Increíble poblado, es un retroceso en el tiempo!

  • Foto de randoneur

    randoneur 28-oct-2016

    Completamente de acuerdo, michavila

Si quieres, puedes o esta ruta