Tempo  unha hora 17 minutos

Coordenadas 328

Fecha de subida 6 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
510 m
424 m
0
0,9
1,9
3,79 km

Vista 1335 veces, descargada 1 veces

preto de Monterrey, Galicia (España)

Dende a ponte da aldea de A Pousa sobre o Támega sairemos en dirección oeste ata entrar na citada aldea. A pesares do pequena que é, ten a súa historia. O nome xa indica a súa orixe, unha pousada do camiño de Santiago (quen sabe se tamén foi unha Mansio da Via XIV romana) que estaba rexentada, no pasado, polo mosteiro de San Francisco de Monterrei. O seu nome orixinal é A Pousa de Alanís, e ten moita casa tradicional e moi ben conservadas. Entrando poderemos beber unha das augas máis ricas e frescas do val na Fonte de Santo Antón, e máis adiante veremos un dos exemplos máis senlleiros de corredoira ou paso elevado que unía dúas casas.
Non ten esta aldea nin cen metros de longo cando a deixamos atrás para entrar de novo nun tramo da Vía XIV, tamén Camiño de Santiago (Vía da Prata), e como din por aquí, nunha carreiriña dun can, xa veremos a seguinte aldea, con moita máis historia: Mixós. Antes de entrar cruzaremos un regato e máis adiante pasaremos a carón da Fonte da Santa, con augas milagreiras. E inmediatamente, veremos de frente a igrexa prerrománica de Mixós, unha xoia artística que posiblemente teña máis de milenio e medio (con moitas reformas posteriores). A parte millor conservada é a cabeceira, con tres ábsidas que lembran as basílicas romanas e as súas características xanelas estreitas. Non é nada difícil vela por dentro, pois Nelson Fernández e súa familia esfórzanse en mantela coidada, limpa e accesible. Dentro, unha marabilla da arte antiga, hai multitude de detalles, cada cal máis sorprendente: un baptisterio con policromía, os tres absidiolos da parte máis vella, pedras labradas con motivos arcaicos, dúas aras galaico romanas (unha delas adicada ao deus Bandua), un fresco gótico cun Pantocrátor... O dito, unha xoia que ademais é Monumento Nacional. Fora de novo, no muro do adro, hai unha estatua ou altorrelevo que representa segundo algúns investigadores un monxe cun báculo, e outros un guerreiro cunha espada.
Os exemplos de arquitectura popular son moi abondosos e relativamente ben conservados, destacando unha rúa pequena que é a única que conserva o empedrado medieval. Por outro lado, nas traseiras das casas consérvanse multitude de restos do que foi o vello mosteiro de Mixós, onde se sitúa a redacción da Carta Puebla de Verín, escrita en galego-portugués, o primeiro documento de leis coñecido na comarca, e outorgado polo mosteiro de Celanova.
Se alguén se quere desviar un pouco cara arriba, tamén observará, a carón do depósito de auga, catro petróglifos calcolíticos, o que delata a antigüidade do lugar.
Deixando atrás a aldea, polas pistas que levan ao río, tomaremos a paralela á canle do muíño vello, e antes de chegar a éste veremos unha marabilla etnográfica, un pontillón que cruza esta canle, feita dunha soa laxa de pizarra. O muíño aínda conserva varios elementos pero está moi abandonado.
Finalmente, chegaremos de novo á Pousa para rematar no mesmo lugar de partida, na ponte encima do río Támega.
Río Támega
Adega tradicional
Via XIV
Casas tradicionais
Fonte de Santo Antonio
Fonte e lavadoiro
Casas tradicionais
Casa tradicional con corredor e patio empedrado
Corredoira
Vella pousada franciscana
Casas tradicionais
Casa tradicional
Detalle
Via XIV, camiño de Santiago
Regato entre a carballeira
Fonte da Santa
Igrexa prerrománica de Mixós
Igrexa de Mixós
Interior igrexa Mixós
Ara galaicorromana
Ara a Bandua
Cemiterio vello
Tumba dun monxe? Ou dun guerreiro?
Canle medieval
Casa tradicional
Casas tradicionais
Casa tradicional
Restos altomedievais mosteiro Mixós
Labra heráldica casa Biedma
Casa tradicional
Casa tradicional
Fonte
Casa tradicional
Rúa empedrada medieval e casa tradicional
Casa tradicional
Teleclube anos 60
Aldea altomedieval de Mixós
Camiño de volta ao río Támega
Camiño do muíño
Ponte da canle do muíño
Camiño do muíño
Muíño de Mixós
Río Támega

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta