Tempo  unha hora 32 minutos

Coordenadas 1015

Fecha de subida 24 de febrero de 2013

Fecha de realización febrero 2013

-
-
88 m
42 m
0
1,2
2,5
4,97 km

Vista 2784 veces, descargada 14 veces

preto de Madalena, Porto (Portugal)

Amarante creceu arredor de ambas as dúas beiras do río Támega que foron unidas polo home na fermosa e monumental ponte de São Gonçalo. No seu centro histórico, para pasear paseniñamente, sobrancean a igrexa barroca de São Domingos e máis o convento e igrexa de São Gonçalo cuxa construción, en diferentes estilos arquitectónicos, comezou no ano 1543 e alongouse ata o século XVIII.
A nosa andaina iníciase na ponte de São Gonçalo e pola marxe dereita do río imos por un paseo ata chegar a unha represa. Aquí damos a volta para continuar agora pola ourela esquerda, acompañando o descenso das augas.
Pasada a piscina, o noso percorrido segue pola parte de abaixo do parque forestal (que podemos visitar facendo un pequeno desvío do noso traxecto) e sempre, sen perda posible, avantamos pola ribeira esquerda ata acadar o remate do sendeiro.

Ver más external

Igrexa patronal de Amarante construida entre o ano 1543 e o século XVIII.
Parque forestal en Amarante que conta cun pequeno zoo.
Ponte monumental no centro histórico de Amarante.
Ten o seu nacedoiro na serra de San Mamede, no concello ourensano de Laza e logo de 51,91 Km entrega as súas augas ao Douro na localidade portuguesa de Entre-os-Ríos.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta