Descargar

Lonxitude

5,95 km

Desnivel positivo

117 m

Dificultade técnica

Moderado

Desnivel negativo

117 m

Altitud máxima

81 m

Trailrank

53 4

Altitud mínima

19 m

Tipo de ruta

Circular

Tiempo en movimiento

unha hora 43 minutos

Tempo

2 horas 5 minutos

Coordenadas

1057

Fecha de subida

6 de febrero de 2021

Fecha de realización

febrero 2021
  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
Compartir
-
-
81 m
19 m
5,95 km

Vista 1041 veces, descargada 7 veces

preto de Boiro, Galicia (España)

Ruta circular, que saíndo do centro de Boiro, desde calquera punto da Avda. Constitución, ascende o regato de Breiro, onde se atopa un interesante número de muíños, a maioría deles en mal estado de conservación, e chega ata a estrada que vai ó Cemiterio Municipal de Vista Alegre. Logo da volta vindo por antigos camiños de monte e corredoiras.
O recorrido non ofrece dificultade, e é apto para todo tipo de persoas, agás aquelas con problemas de mobilidade.
Intersección

Intersección - Punto de saída

A saída é desde calquera punto da Avda. Constitución, en dirección á vella estrada Boiro-Abanqueiro. Neste caso comezouse, na confluencia da Rúa Severo Ochoa, coa Avda. Constitución.
Intersección

Intersección - Lugar de Aducil

Ó chegar á intersección da Avda. Constitución coa vella estrada Boiro-Abanqueiro, hai que virar á esquerda e atravesar o bonito lugar de Aducil.
Intersección

Intersección - Cruce en dirección ó lugar de O Rexidor

Ó remate do fermoso lugar de Aducil, hai que virar á dereita en dirección ó lugar de O Rexidor.
Intersección

Intersección - Lugar de O Rexidor

Pasado Aducil hai que virar á dereita en dirección ó lugar de O Rexidor.
Intersección

Intersección - Lugar de O Rexidor - Cruce

Intersección - Lugar de O Rexdor – Cruce Ó chegar á entrada da aldea, debemos virar á esquerda, se imos de fronte ou á dereita iremos ós lugares de A Boliña e San.
Intersección

Intersección - Ribeira do Río Breiro

Sáese do lugar de O Rexidor. Remata o asfalto, e iniciase un camiño que vai ascendendo pola marxe esquerda do regato de Breiro e xa van aparecendo máis muíños.
Ruinas

Camiño pola beira do regato - Conxunto de muiños

Vaise ascendendo por un camiño, ás veces algo estreito, e case pegado ó regato. Case ó final atópanse un conxunto de varios muíños, tódolos eles en mal estado.
Intersección

Intersección - Estrada do Cemiterio de Vista Alegre

Seguindo o camiño ,case o remate, hai dúas opcións: ascender unha forte pendente, ó longo dun corta-lumes (ademais a parte final non está en bo estado), ou seguir ata chegar á estrada que leva ó cemiterio municipal de Vista Alegre, durante 600 metros aproximadamente.
Intersección

Intersección - Camiño de volta

Continuando ó longo da estrada, chegamos a un punto que hai un cruce á dereita que se vai a unha pista forestal, aquí cruzamos a estrada e de fronte, atopamos un camiño. Aquí iniciase o camiño de volta. É un camiño de carro en bo estado. Pasa ó pe dun fermoso souto.
Intersección

Intersección - Lugar de Vista alegre

Logo de camiñar por un bo camiño de carro, chégase a un camiño pequeno con fincas e viñas, hai que virar á dereita, de fronte iríase ó lugar de Vista Alegre.
Intersección

Intersección - Lugar de O Rexidor

Chégase, despois de baixar un camiño moi pendente e pedregoso, ó lugar de O Rexidor, o mesmo sitio polo que pasamos na ida.
Intersección

Intersección - Lugar de A Boliña

Ó chegar ó cruce de O Rexidor, debemos virar á esquerda. Vai ó longo dunha congostra, ata non hai moito tempo co chan de pedras e agora asfaltada. Atópanse varios muíños ó longo do recorrido.
Intersección

Intersección - Estrada Boiro – Abanqueiro

Pasado o lavadoiro de A Boliña, en dirección ó lugar de San , cruzase á carretera, á man dereita vense os restos dun muiño e outro en mellor estado.
Intersección

Intersección - Lugar de San

Deixase a antiga estrada de Boiro a Abanqueiro, e cruzase a aldea en dirección á nova estrada.
Intersección

Intersección - Estrada nova Boiro- Abanqueiro

Sáese do lugar de San, crúzase a estrada e cóllese pola senda de madeira, que vai a carón do Breiro.
Monumento

Monumento - Muiño ó pé da senda fluvial

Este é o último muíño que se pode atopar nas ribeiras do Breiro. Aquí podemos modificar a ruta e continuar a senda fluvial ata o seu remate.
Intersección

Rotonda da Avenida Constitución

Xa estamos a pique de rematar o recorrrido
Intersección

Avenida Constitución - FIN DA RUTA

Estamos a 100 metros desde onde se comezou o recorrido. Agora é o momento de buscarse unha terraza, e tomar un refresco, e ir pensando na seguinte saída.

1 comentario

  • Conchi Villar Suárez 6 ago. 2021

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Nos gustó mucho
    Fácil de seguir

Si quieres, puedes o esta ruta