Coordenadas 461

Fecha de subida 14 de febrero de 2015

Fecha de realización febrero 2015

-
-
87 m
6 m
0
1,2
2,3
4,68 km

Vista 1935 veces, descargada 34 veces

preto de Bueu, Galicia (España)

A Zona de Especial Conservación Cabo Udra é un tramo costeiro duns 8 Km de lonxitude entre as praias da Mourisca (Bueu) e de Menduíña (Cangas), situada na parte externa da Ría de Aldán, na que alternan áreas acantiladas e rochedos graníticos de baixa altura con pequeñas calas e praias areosas encaixadas, e que inclúe importantes matogueiras costeiras, o hábitat máis representado no espazo natural.

Dende o seu punto máis elevado, o Monte do Castro, temos unhas abraiantes vistas da Ría de Pontevedra, Illa de Tambo, bocanas das rías de Arousa, Muros e Noia, a Ría de Aldán hacia Cabo Home e a Costa da Vela, Punta de Couso e parte das Illas Cíes e, moi preto, as illas de Ons e Onceta.

O cabo é refuxio de lagartos, serpes, ourizos e coellos. Os penedos que caracterizan a paisaxe teñen a súa orixe hai máis de trescentos millóns de anos. Estas rochas foron erosionándose pola acción da auga da choiva, o vento e a humidade, o que deu lugar as distintas e curiosas formas. Os chozos de Esqueiros construíronse aproveitando o tamaño dos penedos e servían de refuxio aos pastores.

A zona conta coa Aula da Natureza do Cabo Udra, que pódese visitar en época estival, os sábados e domingos no horario de 12:00 a 19:00 H, sendo o seu teléfono o 699 996 685. Tedes máis información na páxina web do Concello de Bueu.

Ver más external

Información

Centro Interpretacion

Centro de Interpretación da Natura do Cabo Udra.
foto

Chozo 1

Chozo de pastores en Chan de Esqueiros.
foto

Chozo 2

Cabana de pastores en Chan de Esqueiros.
Waypoint

Comezo Udra

Punto de inicio do percorrido, na área de lecer de Cabo Udra.
foto

Fabrica salgadura

Antiga fábrica de salgura na Praia da Mourisca.
Sitio arqueolóxico

Monte do Castro

Antigo asentamento castrexo, no punto máis alto do cabo.
foto

Penedos

Formacións de bolos graníticos.
foto

Praia do Pedron

Pequena praia na zona norte do cabo.
foto

Praia da Mourisca

Praia no extremo norte do cabo.
foto

Punta Cagadeiro

Minúscula punta na parte norte de Cabo Udra.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta