Coordenadas 313

Fecha de subida 16 de junio de 2016

-
-
35 m
5 m
0
1,1
2,3
4,53 km

Vista 1190 veces, descargada 8 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Hai unha semana tivemos unha saída moi bonita e queremos deixarvos aquí en wikiloc a ruta que fixemos: Desde a nosa escola o CEIP Manuel Vidal Portela, na Avenida de Buenos Aires, o alumnado de 5º A desprazámosnos ata as instalacións de Educación Vial do Concello de Pontevedra en Mollabao.

Saímos da escola, pasamos por diante do 6º Edificio do Museo de Pontevedra, atravesamos os Arcos de san Bartolomé e admiramos a fermosa Praza da Leña.

Impresionounos coma sempre o entorno de san Francisco e sentimos o raro silencio da deserta Praza da Ferrería, xa que eran as 9 da mañá e case eramos os únicos a transitar por alí!

Na rúa da Oliva xa había máis animación e na Praza de San José velaí estaban xa os tertulianos coa súa conversa.

Ao chegar á Rúa Rosalía de Castro xa nos faltaba menos... E a fume de carozo enseguida demos chegado ao noso destino!

A viaxe de volta á escola fixémola pegados ao río Lérez. Pasamos debaixo da Ponte da autopista e transitamos polo bonito paseo.

Camiñamos a través da Ponte de Barca o que nos deixou diante do club Náutico.
Non dubidamos en pasar a Ponte das Correntes. E alegrámonos moito cando divisamos a Ponte Do Burgo.

Andamos diante da Praza de Abastos.
E por fin chegamos á escola para poder disfrutar da merenda! Que fame tiñamos!

Ver más external

1 comentario

Si quieres, puedes o esta ruta