-
-
143 m
42 m
0
1,7
3,5
6,92 km
Vista 4165 veces, descargada 99 veces
preto de Ribasar, Galicia (España)
Ruta á beira do camiño portugués, polas terras da mítica raíña Lupa e do centro do antigo Couto de Francos dos Condes de Altamira. Un pequeno paseo circular que parte da carballeira de Francos, onde se celebra a tradicional feira do San Martiño. Logo de subir ó castro e contemplar a súa maxestuosa muralla e as fermosas vistas do val, seguiremos por un camiño de terra que bordea este antiguo asentamento considerado por López Ferreiro como a capital dos Amaeos. Achegarémonos á poboación de Beca en Brión para logo atravesar o núcleo de Angueira de Castro en Rois. Unha das aldeas da comarca do Sar que mellor conservan a súa arquitectura tradicional con rúas estreitas e empedradas, pequenas casas labregas de tipoloxía medieval, grandes casas pacegas, eiras e hórreos centenarios, emparrados comunais, etc.
Tras abandoar Angueira comenza un sendeiro de monte que nos achega ó río Tinto, un pequeno afluente do Sar, enclave da emerxente actividade fabril galega, onde se asentaron noutro tempo, curtidurías, muíños e a primeira fábrica de papel galega que deu orixe ó actual pazo do Faramello. Un impresionante pazo de influencia compostelá onde naceu o escultor galego máis relevante do barroco, Xosé Gambino. Foi tamén escenario da famosa novela de Pérez Lugín, "A casa da Troya". Seguindo o curso do río chegamos o lugar de Rúa de Francos para observar os restos do antigo Camiño Real, visitar a capela de San Martiño e admirar o cruceiro gótico do espíritu santo, descrito por Castelao na súa derradeira obra "As cruces de pedra na Galiza", para regresar o punto de partida e recuperar folgos á sombra dos centenarios carballos.
A ruta organizada polo Concello de Teo tivo lugar o día 6 de novembro de 2011 con saída dende o campo da feira do San Martiño.

1 comentario
Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
inox316 22-oct-2019
He realizado esta ruta verificado ver detalle
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Una ruta facil y muy bonita, gracias por compartirla