Ruta organizada pola Asociación Cultural Libre de Paderne
Roxín Roxal.
Lévanos nun paseo sen complicacións desde o castelo dos Andrade, edificado sobre a Pena Leboreiro e cunha fermosa e espectacular vista sobre Pontedeume ata a Granxa O Cancelo.
Desde o castelo segue por unha pista de asfalto que baixa ata a igrexa de Doroña, un dos mellores exemplos do románico galego rural da comarca.
Segue baixando por pistas de asfalto pasando pola rehabilitada Fonte Luz e chega ata o río Baxoi e desde alí, xa por unha pista de terra chégase a Trasdoroña e de ahí á Granxa O Cancelo, onde poderemos probar os xeados fabricados co leite producido na mesma granxa.
Ruta feita por Lucía e Jose en maio de 2013.
Outras rutas da zona:
De Pontedeume aos castros de Centroña e Insua
A Bailadora, pta. Segaño, castelo da Palma
Do castelo dos Andrade á Granxa O Cancelo
Comentarios