Coordenadas 334

Fecha de subida 13 de agosto de 2012

Fecha de realización agosto 2012

-
-
117 m
-20 m
0
1,2
2,3
4,66 km

Vista 5900 veces, descargada 77 veces

preto de O Ézaro, Galicia (España)

O concello de Dumbría só ten unha pequena xanela que abeira ao mar, mais dende os seus vidros temos unha vistas de estampa senlleira e que nos imos contemplar neste paseo.
Entre Carnota e Cee atópase a freguesía de Santa Uxía de Ézaro e aquí, no seu porto pesqueiro, comeza o noso disfrute enfilando polo paseo marítimo que abraza a praia de fina e branca area de Ézaro.
A altura da escultua do golfiño podemos facer unha pequena parada para ver o grandioso e impoñente Monte Pindo, que din morada dos deuses celtas e do que vos informarán no centro de interpretación do Monte que está uns metros máis adiante. Dende aquí e sen cruzar a ponte, metémonos seguindo a desembocadura do río Xallas e se erguemos a cabeza albiscamos o pico Penafiel, sentinela adiantado d´A Moa, cumio deste macizo de mil formas pétreas. Pasamos polo centro de información turística e deseguido polo Centro de Interpretación de Electricidade, nos arredorores da área de lecer.
E xa nos agarda un espectáculo único: a abraiante fervenza do río Xallas, caendo as súas augas directamente na enseada mariña, sendo o único río de Europa que desemboca de tal xeito e cun caedoiro de corenta metros.
Agora, para rematar, retornamos ao punto de comezo no porto de Ézaro.
Área de lecer con mesas e parque infantil e amarre deportivo.
Praia de Ézaro, Dumbría.
Central eléctrica de Castrelo, en Ézaro.
Centro de interpretación da electricidade no río Xallas, Ézaro.
Centro de Interpretación do Monte Pindo, en Ézaro, Dumbría.
Escultura no paseo marítimo da praia de Ézaro, Dumbría.
Fervenza de 40 m. de caída na desembocadura do río Xallas.
Mirador da fervenza do río Xallas.
Muíño na senda que vai a fervenza do río Xallas.
Oficina de turismo do concello de Dumbría.
Parquing preto da fervenza do río Xallas.
Parque infantil no paseo marítimo da praia de Ézaro.
Pasarela de acceso ao mirador da fervenza do río Xallas.
Paseo marítimo da praia de Ézaro, Dumbría.
Porto pesqueiro de Ézaro, Dumbría.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta