Tempo  2 horas 12 minutos

Coordenadas 360

Fecha de subida 3 de agosto de 2017

Fecha de realización agosto 2017

-
-
269 m
226 m
0
1,0
1,9
3,89 km

Vista 801 veces, descargada 9 veces

preto de Berdoyas, Galicia (España)

Pequena ruta circular pola parroquia de Berdoias para visitar o seu importante patrimonio cultural. Organizada polo Concello de Vimianzo en colaboración coa asociación cultural "Colectivo A Rula" o día 4 de agosto de 2017.
Durante o percorrido poderemos contemplar importantes mostras da arquitectura tradicional (casas grandes, vivendas tradicionais, alpendres e sobeiras), importantes elementos etnográficos (horreos, eiras, pombais, abelleiras, etc) e importantes vestixios arqueóloxicos (dolmenes e petróglifos).
Entre as antigas vivendas da aldea destaca a casa fidalga dos Lema, construída por Alonso de Lema en 1609, tal como figura na inscrición do dintel da porta principal ó inmoble.
Berdoias é tamén un punto de referencia para os estudosos do Megalitismo. A Casota de Freáns ou Arquiña dos Mouros é un das antas máis relevantes da ruta dos dolmenes da Costa da Morte. Un pequeno dolmen da última fase do Megalistimo en Galicia (ca.2500 a.C.) que se atopa ó pé dun camiño tradicional que parte do centro mesmo da aldea, situada a escasos 800 m. Posúe unha planta rectangular formada por 3 lousas verticais e unha cuberta monolítica de gran tamaño. A entrada oriéntase ó leste e ten unha lonxitude de 2,70 metros, unha altura media de 1,70 m e alcanza uns 10 metros de perímetro.Á marxe da súa singular estrutura cómpre destacar os gravados que posúen os tres esteos verticais nas súas caras internas. Coviñas e cruces distribuídos dun xeito peculiar que levou a varios autores a falar de posibles representacións de constelacións.
Non obstante, foron os petróglifos do Outeiro de Pedrouzos o principal foco de atención desta ruta guiada. Dúas estacións situadas a escasos metros unha da outra con gravados prehistóricos de tipoloxía xeométrica. Entre ambas estacións hai preto de 20 combinacións de círculos concentricos, máis de medio cento de coviñas e cazoletas, entre outros deseños. Na segunda estación, completan o repertorio iconográfico outros motivos de factura histórica. Cruces simples e dobres, aneis, formas en phi grego (φ), e outros motivos de difícil descrición polo seu deficiente estado de conservación que poderíamos relacionar coa delimitación dos antigos coutos de Berdoias e Boallo que estableceu en 1622 o fidalgo Alonso de Lema.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta