Coordenadas 960

Fecha de subida 16 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
366 m
304 m
0
1,4
2,7
5,48 km

Vista 1469 veces, descargada 15 veces

preto de Lampay, Galicia (España)

O Concello de Teo en colaboración co Colectivo A Rula organizan a primeira visita nocturna a área arqueolóxica do Monte Piquiño situada no lugar de Loureiro na parroquia de Luou. Durante o percorrido poderemos contemplar ata sete dos dez petróglifos que fican dispostos no contorno inmediato dunha necrópole megalítica formada por trinta e tres túmulos.
A maioría das estacións teñen unicamente motivos de carácter xeométrico -coviñas e combinacións de círculos concéntricos- mais cómpre destacar o Petróglifo da Pena Bicuda de Loureiro que presenta un importante repertorio de motivos abstractos e naturalistas. Hai representados un mínimo de 8 combinacións circulares (a maior conta con 9 aneis e un diámetro de 110 cm), duas espirais e ata dez zoomorfos distribuídos por todo o panel, sendo os mellor conservados os situados na parte periférica da laxe, tanto na parte inferior como na parte esquerda onde se atopa un cervo macho de bo porte.

Ver más external

Posible círculo lítico
Pena Bicuda de Loureiro
Situado na Pena do Ledo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta