Tempo  unha hora 17 minutos

Coordenadas 178

Fecha de subida 21 de octubre de 2012

Fecha de realización octubre 2012

-
-
178 m
96 m
0
0,3
0,7
1,3 km

Vista 6565 veces, descargada 29 veces

preto de Tebra, Galicia (España)

As augas do regato do Picoto, na parroquia de Vilameán (Tomiño), movían os rodicios de varios muíños que hoxe en día atópanse restaurados pola iniciativa da Asociación de Veciños. Máis enriba está chantada a Pedra Longa. No comezo do percorrido hai un cartel no que lemos:
"O conxunto dos muíños hidráulicos do Porto constitúe un dos principais elementos do patrimonio cultural, etnográfico e natural da parroquia de Vilameán, no concello de Tomiño.
Orixinariamente, os muíños do Porto foron oito; deles, foron restaurados cinco, o muíño Pequeno, o muíño de Abaixo, o muíño do Medio, o muíño da Viña (ou de Arriba) e o muíño do Amadeo. Ademais, coñéncese restos doutros dous, mentres que do muíño do Conde xa non se conserva apenas nada. Os principais muíños do conxunto, o de Abaixo, o do Medio e o da Viña, foron construídos a mediados de século XIX. En xeral, o sistema de moenda era o de "herdeiros" e estableciase en quendas e por familias, xa que cada unha delas tiña asignadas un número de horas para a súa utilización. Todos os muíños tiñan cadanseu encargado. Estes enxeños hidráulicos localízanse na aba do monte Picoto, e por ela baixa o regueiro do Picoto, que servía para movelos e moer así o gran. No verán, por mor da escaseza de auga na canle do Picoto, refórzase coa auga da antiga levada da Miudiña, que chega a Porto dende o río Cereixo, en Tebra.
A carón do muíño Pequeno consérvase unha fermosa fonte de pedra, orixinaria do século XVIII.

A lenda da Pedra Moura.
En Vilameán de Tebra, no barrio do Castro, hai unha pedra que lle chaman a Pedra Longa. Disque en certa ocasión viñeron ata alí uns mouros. Unha moura traía a rocha no cabeza, ó tempo que fiaba pouco a pouco nunha roca. Alí deixou a roca sobre a Pedra Longa en sinal de que alí estiveran, pero dos mouros non se soubo máis. A pedra está encantada e parece ser que debaixo dela hai ouro, gardado por unha cobra de sete cabezas. Para desencantala e poder coller o ouro ten que ir un cura e sete cans. Ó chegar o can número sete, desaparecerá e entón poderase entrar por debaixo e coller o ouro oculto."

Ver más external

Pequena fervenza no rego do Porto.
Inicio do percorrido no lugar de O Castro, en Vilameán.
Depósito de augas na pista de enriba do roteiro.
Escadas de subida ao percorrido.
Fonte de pedra, do século XVIII.
Fraga no sendeiro a Pedra Longa.
Traída de augas desde o río Cereixo.
Muíño da Viña ou de Arriba.
Segundo muíño do percorrido.
Quinto muíño do roteiro.
Terceiro muíño do percorrido.
Primeiro dos muíños.
Pedra con lenda da moura.
Pista pola parte superior dos muíños.
Rego cuxas augas moven aos rodicios dos muíños.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta