Tempo  unha hora 31 minutos

Coordenadas 320

Fecha de subida 19 de agosto de 2019

Fecha de realización agosto 2019

-
-
139 m
38 m
0
0,8
1,6
3,29 km

Vista 55 veces, descargada 5 veces

preto de O Ézaro, Galicia (España)

A parroquia de Santa Uxía de Ézaro é a única do concello de Dumbría que ten litoral marítimo e amais posúe un espazo natural de incuestionable valor natural como é o Monte Pindo e a excepcional fervenza do río Xallas caendo directamente ao mar na enseada de Ézaro.

Moi preto de aquí, a uns 600 metros, na praia de Ézaro, o regato Rosa entrega as súas augas ao mar. Polas marxes deste rego transcorre o noso paseo.

Este regacho de tan colorido nome baixa veloz polas costentas abas que caen desde os altos de Campo Longo e o Petón de Boimorto, movendo coas súas diáfanas augas os rodicios dun bo número de muíños fariñeiros. A súa carreira é moi corta, apenas dous quilómetros, pero suficiente para regalarnos unha marcada bacía na que medra unha fraga mixta con piñeiros e carballos e o acostumado bosque de ribeira con presenza de salgueiros, amieiros e abelairas.

A andada é moi doada de facer comezando no barrio de A Laxe para ir polos camiños que van por ámbalas dúas orelas do rego ata o muíño máis alto do curso. Aquí ao carón deste enxeño hidráulico poderemos ver uns ocos feitos nuns muros de pedra e que servían para aloxar colmeas. Ao longo do camiño non faltaran puntos desde os que contemplar a baía de Ézaro e o macizo montañoso do Monte Pindo, co Penafiel en primeiro plano.
Lugar na parroquia de Ézaro, concello de Dumbría.
Bosque mixto na bacía do rego Rosa.
Camiño polo bosque no lugar de A Laxe.
Camiño polo bosque no lugar de A Laxe.
Ocos de pedra nos que antigamente existían colmeas.
Punto de inicio do paseo no lugar de A Laxe, Ézaro.
Fonte de auga poteble no lugar de A Laxe.
Fonte de auga potable no lugar de O Santo.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Muíño hidráulico nas beiras do rego Rosa.
Lugar na parroquia de Ézaro, concello de Dumbría.
Pontón sobre un afluente do río Rosa.
Poza de auga no regaato Rosa.
Poza no rego Rosa.
Pequeno regato, duns dous quilómetros, que desemboca na praia de Ézaro.
Vistas desde A Laxe.
Vistas sobre o macizo do Monte Pindo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta