Tempo  un minuto

Coordenadas 210

Fecha de subida 20 de agosto de 2012

Fecha de realización agosto 2012

-
-
58 m
-7 m
0
0,5
1,0
2,1 km

Vista 4834 veces, descargada 25 veces

preto de Uhía, Galicia (España)

O percorrido ten o seu comezo na estrada AC-550 que une Serra de Outes con Muros, na parroquia de Esteiro (Muros), alí atoparedes o cartel indicador da ruta.
O sendeiro vai río enriba polo Uhía entre unha frondosa arboreda con presencia de ameneiros, carballos e loureiros, entre outras, que conforman un bosque de galería. Según avantamos veremos os muíños da Braña, de Laredo, do Medio, do Salgueiro, do Golfeiro, do Cubo e finalmente o de Outeiro, todos eles en estado ruinoso.
Ao acadar un camiño transversal, no que hai un depósito de augas, damos a volta e volvemos ao punto de partida. Non hai perda posible, sempre se segue polas ourelas do río.
Hai un cartel indicador na estrada AC-550.
Mesas para tomar uns folgos.
Primer muíño que atopamos.
Segundo muíño.
Sexto muíño da ruta.
Quinto muíño.
Tercer muíño no percorrido.
Sétimo e último muíño.
Cuarto muíño.
Río da parroquia de Esteiro, Muros.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta