Coordenadas 85

Fecha de subida 6 de junio de 2013

Fecha de realización junio 2013

-
-
71 m
11 m
0
1,1
2,2
4,44 km

Vista 1801 veces, descargada 0 veces

preto de Viñas, Galicia (España)

DO MONTE AO PORTIÑO FACENDO CAMIÑO: REFERENCIAS INICIAIS: “a máis histórica” REFERENCIAS DOS VECIÑOS E PARTICIPANTES: Este traxecto espertou unha serie de lembranzas entre os veciños. Carlos lembrou ao comezo do obradoiro que os muíños que se atopan nese parque, chamado noutrora Joaquín Costa, foran trasladados até alí dende un lugar polo que agora pasa a Rolda de Nelle. Tamén houbo quen destacou que o parque, noutros tempos, carecía realmente dun nome fixo, que a xente simplemente o coñecía como “O Monte”. “Eu ía xogar ao monte cando era pequena. Non se chamaba Santa Margarita, para nós era o monte”, lembrou Begoña durante o obradoiro. Os membros deste grupo mesmo lle acabaron poñendo un nome á ruta, “Do Monte ao Portiño facendo camiño”, e amosaron o seu interese pola historia dos nomes e as características sociais do barrio. “Preguntámonos pola toponimia e tamén pola súa natureza emigrante. Falando entre nós, saíu moitísima riqueza patrimonial. Todo iso está neste barrio“, sinalou Marlene Anaya, veciña colombiana que leva preto de 16 anos vivindo na Coruña.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta