Tempo  2 horas 26 minutos

Coordenadas 346

Fecha de subida 15 de noviembre de 2014

Fecha de realización noviembre 2014

-
-
112 m
7 m
0
1,0
2,0
3,99 km

Vista 2010 veces, descargada 26 veces

preto de Lourizán, Galicia (España)

Lourizán é unha freguesía do concello de Pontevedra lindante con Marín. Sitúase aquí un senlleiro eido do cal foi dono Eugenio Montero Ríos, xurista compostelán e presidente do goberno español no ano 1905.

Nesta herdade, da que se sabe xa da súa existencia desde o século XV e cunha extensión de 54 hectáreas, atópase o Pazo de Lourizán, obra de Genaro de la Fuente Domínguez e feito a comezos do século XIX cun estilo modernista, estando arrodeado duns románticos xardíns. Hai un pombal do século XV e tres históricas fontes: Fonte das Cunchas (séc. XVIII), Fonte dos Tornos (séc. XVII) e Fonte dos Espellos (séc. XIX).

Na actualidade este predio é a sede do Centro de Experimentación e Formación Agroforestal que mantén un fermoso bosque con especies autóctonas e outras foráneas entre as que faremos o noso agradable paseo.

Ver más external

Pequeño bosquete de abetos.
Almacén situado a carón da Fonte dos Tornos.
Árbol exótico.
Pequeño bosque de bidueiros.
Punto de inicio do paseo, na antiga estrada que une Marín con Pontevedra.
Eira situada por riba do Pazo.
Árbol de folla caduca.
Árbores ornamentais de gran porte.
Fonte debaixo da escalinata principal do Pazo.
Fonte na entrada do predio, do século XVIII.
Fonte situada nunha gruta con espellos.
Fonte ao carón do lavadoiro. É do século XVII.
Freixo orixinario de Taiwán.
Lavadoiro a carón da Fonte dos Tornos.
Longa mesa feita dun só bloque de granito.
Pavillón de xardiñería.
Pazo de comezos do século XIX en estilo modernista e feito por Genaro de la Fuente Domínguez.
Bosque de piñeiros na parte superior do eido.
Antigo pombal do século XV.
Represa no rego Trois.
Represa para o regadío, situada na parte superior do predio.
Pequeño rego que atravesa o eido.
Casa en ruinas preto do Pazo.
Sobreira de orixe asiática.
Conífera que se da a certa altura.
Viveiro experimental do Centro de Formación.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta