Tempo  un dí 3 horas 40 minutos

Coordenadas 1058

Fecha de subida 26 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
1.135 m
1.007 m
0
1,9
3,7
7,5 km

Vista 409 veces, descargada 20 veces

preto de Piornedo, Galicia (España)

A Piornedo vaise para subir ao Mustallar, ver as pallozas e rematar comendo ovo frito con chourizo e patacas na Cantina Mustallar. Ocorre, de cando en vez, que xa estamos cansos de tanta subida ou que o día non é propicio para andainas de altura ou ben que os nenos non están para tanto sacrificio e nestes casos tedes un bonito percorrido polo camiño que une esta aldea de orixe castrexa coa de Vilarello.

Antes de existir a estrada que sobe desde a Campa da Braña ata Piornedo – e aínda hoxe-, os veciños transitaban de una a outra aldea polo camiño que vai a media aba pola Serra do Agulleiro. Pódese comezar indistintamente nun ou noutro extremo do vieiro, en Vilarello meténdose por diante da capela do Salvador e se é en Piornedo baixando cara ao río da Veiga, onde estaba o antigo forno e cruzando pola ponte do Landeirón.

O traxecto, agás a baixada ao río, e moi doado de camiñar e non amosa apenas desnivel, servendo de privilexiada atalaia con vistas as aldeas de Donís, Xantes, Vilar, Robledo, Castelo e Corneantes, na verdeal vacía do río Ser.

A quilometraxe correspóndese coa ida e volta ao mesmo punto de partida.
Camiño de Vilarello a Piornedo.
Ermida na aldea de Vilarello.
Construción en pedra para protexer as colmeas.
Fonte en Vilarello.
Fonte en Piornedo.
Fonte en Piornedo.
Fonte en Piornedo.
Antigo forno de pan en Piornedo.
Aldea da parroquia de Donís, no concello lugués de Cervantes.
Pontella sobre o río da Veiga Cimeira, en Piornedo.
Pequeno tributario do río da Veiga.
Afluente do río das Pontes que nace ao pé do Mustallar.
Carreiro que baixa de Piornedo a ponte do Landeirón.
Parroquia pertencente ao concello lugués de Cervantes.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta