Tempo  unha hora 15 minutos

Coordenadas 265

Fecha de subida 5 de septiembre de 2016

Fecha de realización septiembre 2016

-
-
482 m
421 m
0
0,7
1,5
2,91 km

Vista 604 veces, descargada 1 veces

preto de Oimbra, Galicia (España)

Oímbra naceu, claramente, no Outeiro que domina a poboación. este outeiro é un castro prerromano que, aparte das inmellorables vistas do val do Támega e Portugal, ofrece o misterio de sete petróglifos e moitos máis penedos con rebaixes e marcas estrañas.
A ruta comeza nun camiño, comeza na capela do patrón dos camiñantes, San Roque. Moderadamente ben conservada, aínda ten o cabildo (lugar cuberto no adro) e o cruceiro de catro chanzos, como corresponde a unha vila señorial. Como curiosidade engadida, dúas pedras dos bancos do cabildo son petróglifos prehistóricos reutilizados.
Dende a capela, en dirección oeste, o castro domina a vista, e o camiño, entre hortas e viñas, faise apetecible. Dende o cruce que hai a uns cen metros collemos á dereita para entrar na rúa Maior, a carón dun pazo moi modernizado e que tivo tempos millores. Deixando o pazo atrás, chegamos á praza presidida, por unha parte, pola igrexa moderna, e pola outra pola pequena e fermosa capela do Carmo, de gran tradición na poboación. Xusto na subida da praza atopamos un pazo que conserva moi ben unha impresionante porta carreira e arcada, o Pazo dos Charramangos, que ten dúas labras heráldicas no seu interior.
Seguindo por esta rúa, os exemplos e detalles da arquitectura popular son moitos e moi chamativos, como os corredores e as adegas. Outra singularidade a destacar e a gran cantidade de fontes e lavadoiros que imos atopando. A carón da fonte, ao final da rúa, nos sorprenderá a escaleira medieval que axuda a achegarse á igrexa vella, e que se supón feita para dar servizo ao vello castelo de Oímbra, hoxe desaparecido pero con restos evidentes.
Dende aquí subimos pola Porbaila, e se o veciño o ten a ben, veremos unha fonte arcada medieval co mesmo nome. O camiño de subida é importante pero cortiño e lévanos dereitos á igrexa parroquial vella. Neste templo destaca a cabeceira, barroca e a Capela do Conde, lateral e adobiada cun exquisito reloxo solar. Se damos a volta completa, na parede norte consérvase un lenzo onde atopamos, á altura dos ollos, nada habitual, oito canzorros románicos e varias marcas de canteiro. E dando a volta completa á igrexa estaremos no alto das escaleiras máis fermosas da comarca do Támega. Unhas escaleiras que convidan a sentarse e desfrutar da paisaxe de montes e viñas, cousa que asenta a idea de que esre val do Támega é a Toscana galega.
Para baixar, usaremos a calzada medieval que comunica a igrexa co castelo, e veremos claramente a súa contorna, hoxe ocupada por varias casas que collen o nome do castelo para chamarse o barrio de tal nome. Pouco queda do que se dicía a residencia de verán dos Condes de Monterrei, salvo os cimentos e unha labra heráldica. No 1640, cando comezou a guerra con Portugal, foi o primeiro obxectivo de tal guerra e quedou destruído ata nosos días.
A carón do castelo atopamos outra capela máis, bastante estragada, que daba servizo á fortaleza. E na mesma praza, o Pazo Reitoral, vello e ben conservado, pero moi abandonado, cun aire romántico e decimonónico. Un pouco máis abaixo, e partindo da fonte do pazo, hai outro lavadoiro máis.
Seguimos baixando, e chegaremos á estrada principal, onde, antes de voltar ao punto de partida, aínda veremos unha casa señorial coa cruz beneditina de Celanova e unha labra na que destacan as cinco estrelas da casa dos Fonseca, xusto enfronte da fonte de chafarís que hai no cruce de camiños. De volta, pasaremos entre viñas tradicionais e hortas con froitos moi apetecibles que a xente do lugar regala sen condicións.
E por fin, chegaremos de novo á capela de San Roque, non antes de que a natureza nos regale de novo a fermosa vista da vila, da igrexa vella, as viñas e o castro cuio nome antigo é Onimbriga.
Capela e cruceiro de San Roque
Petróglifos reutilizados en bancos da capela de San Roque
Castro Outeiro de Oímbra
Vello pazo modernizado s.XX
Capela do Carmo
Igrexa nova e fonte
Pazo dos Charramangos
Pía de pedra
Escaleiras á igrexa parroquial
Arquitectura popular
Arquitectura tradicional
Arquitectura tradicional
Arquitectura tradicional
Fonte e lavadoiro
Arquitectura tradicional, arco de descarga
Adegas tradicionais
Igrexa parroquial de Oímbra
Canzorros románicos, igrexa parroquial
Cemiterio
As escaleiras máis fermosas da comarca
Oliveira centenaria
Outeiro de Oímbra, castro prerromano
Castelo de Oímbra
Calzada medieval de subida á igrexa
Canella ao pazo do castelo
Arquitectura tradicional
Pazo reitoral (casa do cura)
Capela do castelo
Restos do castelo medieval de Oímbra
Adega do cabildo
Lavadeiro
Pazo coa cruz beneditina do mosteiro de Celanova
Fonte da Canella das Viñas

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta