Tempo  unha hora 52 minutos

Coordenadas 602

Fecha de subida 18 de febrero de 2013

Fecha de realización febrero 2013

-
-
25 m
-42 m
0
1,4
2,8
5,58 km

Vista 4933 veces, descargada 46 veces

preto de Arcade, Galicia (España)

O río Verdugo ten o seu nacedoiro na Serra de O Cando, na aldea de Cernadelo (Forcarei) e após de 41 Km tributa as súas augas a Ría de Vigo. Aquí, na súa desembocadura entre Arcade e Pontesampaio faremos o noso paseo.
Saíndo do peirao de Arcade veremos:

-Fermosas vistas da bocana do Verdugo coas illas Alvedosas, illote do Castelo, illa Insuíña e algunha pequena praia.

-Panorámicas da Ría de Vigo e do Monte da Peneda, antigo castro.

-A ponte de orixe románica de Pontesampaio, que cos seus 144 m de longo e dez ollos une as parroquias de Arcade (Soutomaior) e Pontesampaio (Pontesampaio). Testemuña de batallas entre franceses e españois na Guerra da Independencia e onde os lugareños empregaron, a falta de mellor cousa, canóns de pau.

-Treito do Camiño de Santiago Portugués.

-Igrexa románica de Santa María de Pontesampaio.

e finalmente:
-A illa de Insuíña ou tamén chamada de Medal, por ser tido propiedade do pintor Antonio Medal e din que punto de encontro con Castelao, Asorey, Laxeiro, Valle Inclán, Ramón Cabanillas e Manuel Quiroga (e iso que a illa é pequena). Accedemos a ela por unha pontiña a que segue unha pasarela levadiza de madeira e atoparemos un pombal, un hórreo e un cenador-mirador cunha mesa cuberta por un mantel de cerámica, estando cercado o illote por un balaústre ameado.

Pódese facer o paseo sen GPS, xa que só hai que seguir o paseo que sae do peirao de Arcade, pasar a ponte de Pontesampaio, continuar por un treito do Camiño Portugués e conectar co outro paseo litoral que leva ata a illa Insuíña.

Vista a illa de Medal ou Insuíña, volvemos ao porto de Arcade.

Ver más external

panoramica

Alto Curuxeira

Outarelo en Pontesampaio con boas vistas da Ría de Vigo, a ponte de Pontesampaio e A Peneda.
Picnic

Area de lecer

Área recreativa no peirao de Arcade.
Parque

Area deportiva

Área deportiva e parque infantil no peirao de Arcade.
foto

Camiño Santiago

Camiño de Santiago Portugués.
Waypoint

Comezo Insuiña

Comezo do noso paseo no peirao de Arcade (Soutomaior).
foto

Corcovado

Copia a pequena escala do Cristo Corcovado, na praia do Peirao de Arcade.
foto

Cruceiro da Ballota

Cruceiro no Camiño Portugués de Santiago, en Pontesampaio.
Arquitectura religiosa

Igrexa Sta. Maria

Igrexa románica de Santa María de Pontesampaio.
foto

Illa Insuiña

Illa Insuíña ou de Medal, na desembocadura do río Verdugo.
Parque

Parque infantil

Parque infantil a beira do Verdugo, en Pontesampaio.
Waypoint

Paso

Pasarela de madeira baixo as pontes da estrada e do tren, en Arcade.
amarre

Peirao de Arcade

Porto de Arcade (Soutomaior).
foto

Pombal

Pombal na illa Insuíña ou de Medal, en Pontesampaio.
Ponte

Ponte de Pontesampaio

Ponte de orixe románica na desembocadura do río Verdugo.
Praia

Praia de A Xunqueira

Praia fluvial do río Verdugo en Pontesampaio.
Praia

Praia do Peirao

Praia do porto de Arcade (Soutomaior).
Praia

Praia Matilde

Pequena praia en Arcade, baixo a ponte de Pontesampaio.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta