Tempo  6 minutos

Coordenadas 353

Fecha de subida 25 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
366 m
290 m
0
0,9
1,9
3,76 km

Vista 261 veces, descargada 8 veces

preto de Navia de Suarna, Galicia (España)

Hai dous elementos arquitectónicos que son a imaxe de A Proba (a capital do concello de Navia de Suarna): a súa ponte medieval e o castelo dos Altamira, pero amáis conta cun terceiro emblema, o río Navia. O noso paseo daranos a posibilidade de coñecelos todos.

Comezamos no mesmo centro urbano, na praza onde está a Casa do Concello e de aquí dirixímonos cara a área de lecer de “A Proba” ou “O Vanzado” nas marxes do río e con dúas pequenas praias fluviais. Regresamos agora polo mesmo sitio cara ao castelo.

A fortaleza medieval ten a súa orixe no século XI para controlar o paso pola ponte. Foi derruída no século XV nas revoltas Irmandiñas e novamente erguida polos Condes de Altamira. Posteriormente o castelo foi reformado en varias ocasións, algunhas delas arquitectónicamente desastrosas.

O río atravesámolo por riba da Ponte Vella, que din romana, mais en realidade é medieval, do século XV. Ten unha fermosísima estampa dada polo seu arco apuntando cunha luz de 21 metros e unha altura de 13. O taboleiro ten forma abombada e está feito con lousas.

O paseo segue pola beira esquerda do Navia, polo camiño do Forcois que antigamente daba servizo as hortas e pasa a carón do monumental muíño do Médico. A sombra do bosque de ribeira e carballos chegamos ata a estrada e neste punto damos volta para regresar ao punto de inicio na praza do concello.

Ver más external

Área recreativa na Proba de Navia.
Fraga as beiras do río Navia.
Camiño pola beira do río Navia.
Canle que levaba a auga ao muíño do Médico.
Casa consistorial do concello de Navia de Suarna.
Fortaleza medieval na Proba de Navia.
Muíño as beiras do río Navia, na Proba.
Ponte medieval sobre o río Navia, na Proba.
Nace en Pedrafita do Cebreiro e desemboca na ría de Navia, Asturias.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta