Tempo  21 minutos

Coordenadas 118

Fecha de subida 13 de febrero de 2013

Fecha de realización febrero 2013

-
-
98 m
64 m
0
0,3
0,5
1,06 km

Vista 7283 veces, descargada 12 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Este parque é un paseo lineal ao longo da maior parte do treito urbano do Río dos Gafos.
Penetra no casco urbano pola zona da Estación de Autobuses.
O espazo libre que deixou a intensa actividade edificatoria foi convertido nun parque lineal que parte da ponte da Avda. da Estación, atravesa baixo Ponte Bolera (Av. de Vigo) e vai dar ao parque de Campolongo.
Todo ese recorrido é unha frondosa senda que discorre a ambos lados do río, apoiado en pasarelas de madeira para facer posible o paso, e un alumeado moi apropiado para unha acolledora área natural no casco urbano.
A partir de aí, Gafos discorre baixo a urbanización de Campolongo, para volver a renacer á altura da Avenida de Rosalía Castro. O encanto deste percorrido está en pasear e gozar dun ambiente rural no interior dunha contorna urbana.
É un pequeno tramo no que a xente aproveita para pasear e desfrutar da tranquilidade da paisaxe, moitas veces acompañados dos seus cans.

Ver más external

Fonte do Gorgullon
O lugar de inicio é ao lado das estacións de tren e de autobuses de Pontevedra.
Ponte

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta