Tempo  48 minutos

Coordenadas 175

Fecha de subida 18 de diciembre de 2013

Fecha de realización diciembre 2013

-
-
70 m
48 m
0
0,5
0,9
1,82 km

Vista 2183 veces, descargada 8 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

Lese nos carteis nas portas do Castelo:
"A fortaleza, coñecida popularmente como Castelo de Santa Cruz, construíuse no contexto da guerra entre Portugal e España iniciada cando a nobreza proclama ó duque de Bragança, don João, lexítimo dono do trono portugués.
O Castelo remóntase ó final do reinado de Felipe IV (1621-1665) e debe o seu nome, igual que o Castelo de Santa Cruz na Coruña, ó marqués de Santa Cruz de Marcenado, Álvaro de Bazán, quen fora Capitán Xeral da Armada nos tempos de Carlos V e Felipe II.
A planta ten forma de polígono irregular, con catro baluartes nos ángulos saíntes da muralla, son os baluartes da Guía, da Cruz, de San Sebastián e Santa Tegra. Entre cada un dos baluartes hai una media lúa ou revellín, construcións exteriores fronte ás cortinas que cubrían muros e portas de acceso. A de Cividáns pode apreciarse aínda con nitidez. Rodeando o Castelo existía un camino cuberto, defendido por un parapeto que permitía o rápido desprazamento dos defensores. Nos baluartes hai garitas labradas en pedra.
A finais do XIX instalouse nas dependencias da fortaleza a fábrica de embutidos da "Sociedade Comercial Lomba e Lomba" que os exportaba a Cuba e Porto Rico. Disolta no 1891 seguiu rexentando o negocio Juan Antonio Lomba Álvarez, quen a principios do XX instalaba a prestixiosa Cerámica de la Santa Cruz, que chegou a converterse en proveedora da casa real.
Recuperada a titularidade pública do Castelo, sucedéronse dende o ano 2005 varias intervencións sobre este ben, declarado BIC en 1995, xa que sufriu numerosas alteracións e mutilacións ó longo do tempo".

Está situado ao norte do Castelo. É vixía do camino dende a vila de Tui a Vila de Baiona, ata o val de Sibidáns. É a cota máis alta do Castelo cunha altura de oito metros sobre o nivel do foso.
Situada ao Oeste, é o que ten mellores vistas sobre o Océano Atlántico. É vixia da vila da Guarda e máis o camino da Costa a Baiona.
Está situado na cara Este do Castelo. É vixía do camino dende a vila de Tui a vila de Baiona, e do río Miño, fronteira con terras portuguesas.
Está situado na cara sur do Castelo, cara o monte Santa Tegra. É vixía do camino circundante da vila da Guarda dende a vila de Tui a vila de Baiona.
Chanzos de subida a muralla dende a Porta do Socorro.
Punto de comezo do noso roteiro.
Pombal situado no baluarte da Cruz.
Porta que comunica coa vila de A Guarda.
Porta na cara oeste do Castelo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta