Tempo  unha hora 20 minutos

Coordenadas 261

Fecha de subida 31 de agosto de 2016

Fecha de realización agosto 2016

-
-
472 m
427 m
0
0,7
1,5
2,91 km

Vista 825 veces, descargada 2 veces

preto de Pazos, Galicia (España)

A vila medieval de Pazos aparece documentalmente dende o século IX, coas repoboacións de Odoario. Rodeado, máis ben agarimado pola montaña de Monterrei e San Salvador, é unha terra perfecta para o viño e iso nótase inmediatamente na paisaxe.
Entrando pola rúa principal, camiño vello que ía ata o desaparecido (e reconstruído dentro da vila) Pazo do Gargalo, o primeiro que chama a atención son os corredores amplos que servían, non só para o lecer, senón para secar o millo, deixando imaxes sorprendentes. Antes de subir á zona nobre da vila, nun cruce de camiños, atopamos un peto de ánimas empotrado.
Subindo xa, entre corredores e lagares, tomamos co Pazo dos Salgado, familia nobiliar de Medeiros, como ben pon na moldura, encima das tres labras heráldicas. Xusto enfrente, unha casa propiedade, posiblemente, dunha orde monástica, con marca dunha cruz e dous pináculos.
Un pouco máis arriba hai dous pazos xuntos da mesma familia, os Miñambres. Un, con catro labras e un corredor magnífico, é do século XVI, con patio empedrado e vella capela, hoxe galiñeiro. E xusto a carón, o pazo do século XVIII, máis espléndido e recio. Pola parte oeste do pazo ábrese un canellón marabilloso e con moito encanto, que leva a unha fonte arcada, na metade do percorrido, e remata noutra fonte con lavadoiro, moito máis moderno. Baixando xa, á esquerda, o pazo citado do Gargalo, reconstruído aquí, conservando dúas labras magníficas e unha porta carreira ou arcada que denota a grandiosidade do seu pasado.
Un pouco máis abaixo, o cruceiro con rodelete (firma dunha nobre doazón) está nunha praziña que ten á dereita o pazo rectoral, sempre pechado, cun patio porticado, empedrado e cunha estatua dun león, símbolo de riqueza da parroquia. Á esquerda, a igrexa parroquial, cuia fachada se reconstruíu no s. XVIII, por canteiros portugueses, o que se deduce pola porta de estilo manuelino, unha sorte de barroco portugués.
Deixando a igrexa atrás, topamos cunha labra moi ben conservada da que non sabemos a súa procede; e na mesma casa, chama a atención unha columna moi recia, redonda, que substitúe a un miliario sito hoxe no museo arqueolóxico de Ourense, adicado a Claudio II.
Recuperando o camiño de volta, aínda nos acompañan varios corredores ata que, subindo ao máis alto do camiño, fermosa como a paisaxe que se ve, a capela de San Gregorio, con cabildo de asento. Dende este mirador veremos o castelo de Monterrei, a Atalaia, o inmenso bosque de ribeira do Placer (non por pracenteiro, senón polas esquecidas explotacións de ouro) e o que sen dúbida é resaltable desa paisaxe: as viñas e as montañas, coa vila en medio, ao máis puro estilo da,Toscana italiana.
Xa baixando, deixando a un lado o cuartel da Garda civil, no fondo, hai un penedo branco de seixo onde no século XVI se colocou un cadalso e unha forca, pois como o camiño principal pasaba por alí, os camiñantes viran como se trataba aos delincuentes. A cen metros, volvemos ao punto de partida, encima dunha pasarela que substitúe a unha fermosa ponte desaparecida, a Ponte de Melo, chamada así polo último pazo, o de Melo, desaparecido, no solar occidental do cuartel.
Río Támega dende a Ponte de Melo
Rúa principal de Pazos
Pozo comunal
Corredor para secar o millo
Casa tradicional
Contrapeso de lagar de viño
Pináculo do cemiterio
Peto de ánimas da Canella Quinta
Arquitectura tradicional
Muro de Quinta
Pazo dos Salgado (de Medeiros)
Marca eclesiástica de posesión
Pazo de Miñambres s. XVI
Pazo de Miñambres s. XVIII
Capela do pazo s. XVI
Canellón Pazo Miñambres
Fonte arcada medieval
Fonte e lavadoiro
Lagar tradicional
Castelo Monterrei
Pazo reconstruído do Gargalo (a 1km do seu lugar)
Casa tradicional
Cruceiro parroquia
Igrexa parroquial de San Fiz de Pazos
Casa tradicional
Labra heráldica descontextualizada
Columna que substitúe a un miliario adicado a Claudio II
Casa tradicional
Pazo sen labra
Marcas medievais de canteiro
A Toscana galego, viñas e pazos...
Bosque ribeirán do Placer
Capela de San Gregorio (s.XVIII)
Seixo Branco, lugar de forca e castigo de delincuentes (s.XVI)
"Molinera" eléctrica, principios do s. XX, coas argolas para atar as cabalerías
Río Támega

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta