Coordenadas 139

Fecha de subida 25 de abril de 2018

Fecha de realización abril 2018

-
-
93 m
71 m
0
0,3
0,6
1,2 km

Vista 330 veces, descargada 6 veces

preto de Teo, Galicia (España)

Esta ruta permítenos achegarnos as dúas estacións de arte rupestre prehistórica ó ar libre situadas nas proximidades da aldea de Mallos na parroquia de Santa María de Teo (Concello de Teo), concretamente nas paraxes da Estivada de Abaixo e no Pouso na ribeira teense do Ulla.
A primeira estación, A Laxe da Estivada de Abaixo (GA1508271), foi estudada e publicada polo ilustre arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza nos anos corenta. É un dos petróglifos con maior número de gravados no Concello de Teo cunhas dimensións de 8,08 x 4,98 m. Posúe un amplo repertorio de motivos prehistóricos de tipoloxía xeométrica integrado por unha ducia de combinacións de círculos concéntricos, de entre 2 e 5 aneis a maioría con coviña central, e máis de 30 coviñas agrupadas e illadas distribuídas nos dous paneis do petróglifo. Destacar o feito de que boa parte das combinacións circulares se adapten á propia morfoloxía da laxe, situándose en pequenos “petóns” do afloramento granítico. Completan o repertorio de motivos insculturados varios cruciformes e outros motivos históricos de difícil interpretación polo elevado grado de erosión das figuras. Gravados de época histórica que poderían estar a “cristianizar” o lugar e que podería ter relación co relevante contexto histórico da zona.
A segunda estación, o petróglifo de Pouso ou Mallos 2 (GA15082112) conta cunhas dimensións de 9,4 m no eixo NW-SE por 3,3 m no eixo SW-NE. É unha laxe plana case a rentes de chan que conserva as rodeiras dun antigo camiño de carro que conducía a un antigo paso no río Ulla. Os gravados prehistóricos son tamén de tipoloxía xeométrica, contén unhas 50 coviñas de diferentes tamaños, presentando algunhas delas formas elípticas que poderían interpretarse como posibles “podomorfos”.
Pola tipoloxía e características dos gravados podemos adscribir ambas estacións á Idade do Bronce aínda tendo en conta que en época xa histórica foron engadidos varios gravados cruciformes. O grado de erosión de moitos dos motivos é moi elevado, o que dificulta a súa visualización, principalmente os situados no segundo panel da estación principal pois a súa superficie era empregada polos rapaces da aldea para escorregar a xeito de tobogán.

Ver más external

Petróglifo do Pouso

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta