Coordenadas 195

Fecha de subida 12 de junio de 2016

Fecha de realización junio 2016

-
-
49 m
6 m
0
0,6
1,1
2,29 km

Vista 1415 veces, descargada 15 veces

preto de Soutullo, Galicia (España)

Lemos no cartel que hai no comezo do sendeiro:

"A ruta parte das inmediacións da área de recreo da praia de Major (Sanxenxo) e discorre ploa marxe dereita ata as inmediacións da estrada asfaltada que une os lugares de Soutullo e Pontes. Pola súa situación a senda amosa a particularidade da nosa paisaxe rural, pondo de manifesto o contraste existente entre os terreos de labor que soen circundar aos núcleos de poboación tradicionais e o bosque de galería que caracteriza ás marxes dos nosos ríos.

Un dos maiores atractivos da ruta proposta o constitúe a presenza de vexetación de ribeira ao carón do regato e da propia senda, que cumpre funcións ecolóxicas moi importantes entre as que se atopan a estabilización das marxes e beiras, o control da influenza da conca sobre o canle e o ecosistema fluvial, ademáis de contar con un grande interese paisaxístico. As especies máis salientables que caracterizan estas formacións son os ameneiros, salgueiros e carballos entre outras, así como varias especies de fentos como o fento común macho e femia ou o fento real.

No trazado da ruta tamén se atopan varias mostras da nosa cultura e a arquitectura popular coa existencia de varios muíños de río recentemente restaurados (destaca o muíño de Peritos, catalogado como ben patrimonial), pozos para a rega sobre o propio leito do río ou o lavadoiro de Soutullo"

Ver más external

Picnic

Area lecer

Área recreativo da praia de Major, Sanxenxo.
Waypoint

Comezo Rego Souto

Punto de comezo na área de lecer da praia de Major, Sanxenxo.
fuente

Fonte do Riazal

Fonte de auga potable nas marxes do rego do Souto.
Lago

Lagoa

Pequena lagoa un no que verte as súas augas o rego do Souto e que logo desauga na praia de Major.
fuente

Lavadoiro Soutullo

Lavadoiro con fonte de auga potable no lugar de Soutullo.
foto

Muiño 1

Primer muíño que atopamos no rego do Souto.
foto

Muiño 2

Segundo muíño que atopamos no roteiro.
foto

Muiño 3

Tercer muíño que atopamos na nosa andaina.
Ponte

Pasarela

Pasarela de madeira sobor de o rego do Souto.
Praia

Praia de Major

Praia en Portonovo, Sanxenxo.
foto

Presa

Represa de auga no rego do Souto.
Río

Rego do Souto

Pequeño rego por cuxas marxes vai o noso roteiro.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 12-jun-2016

    O track do GPS é só de ida, de xeito que o percorrido contando coa volta é de uns catro quilómetros.

Si quieres, puedes o esta ruta