Tempo  2 horas 27 minutos

Coordenadas 797

Fecha de subida 11 de febrero de 2018

Fecha de realización febrero 2018

-
-
124 m
95 m
0
1,9
3,8
7,55 km

Vista 236 veces, descargada 4 veces

preto de Arrabaldo, Galicia (España)

O recorrido acompaña ao río Miño pola súa beira dereita, comezando nas termas do Muíño da Veiga e chega ata a altura do Pazo de Ramirás, indo por un camiño de terra.

Amais de Muíño da Veiga, pasamos polas termas de Outariz, tanto polas instalacións privadas coma as públicas de libre uso e con augas alcalinas, fluoradas e silicatadas que flúen con temperaturas de ata 60º. Logo de Outariz atopamos a Burga de Canedo que ten unha piscina de auga fría e tres dobres de auga quente.

O paseo segue baixo un bosque de ribeira con salgueiros, amieiros, carballos e no treito final tamén ten presenza a invasora mimosa. Parcialmente asolagados no río, contemplamos dous muíños de aceña que quedaron no medio do cauce por mor da crecida das augas debido a construción do encoro de Castrelo de Miño no ano 1969.

O sendeiro remata na desembocadura do rego do Val, en Ramirás, e agora teremos que desandar ata o muiño da Veiga, onde comezamos, polo que o quilometraxe total é de 15 Km.

Ver más external

Ruinas

Aceña da Canle

Muíño da aceña no medio do cauce do río Miño.
Ruinas

Aceña das Barredas

Muíño da aceña no medio do cauce do río Miño.
Picnic

Area lecer

Área recreativa con mesas nas termas da Veiga.
Spa

Burga de Canedo

Instalacións termais de uso público.
foto

Camiño

Vieiro pola marxe dereito do río Miño.
Waypoint

Comezo Outariz

Punto de comezo do sendeiro, a altura das termas do Muíño da Veiga.
foto

Muiño da Veiga

Muíño hidráulico as beiras do río Miño, na zona das termas de Outariz.
Lugar de observación de aves

Observatorio 2

Observatorio da aves nas beiras do río Miño.
Lugar de observación de aves

Observatorio 1

Observatorio de aves na beira dereita do río Miño.
Ponte

Pasarela

Pasarela metálica sobre o río Miño, a altura da Burga de Canedo.
Río

Rego do Val

Pequeno tributario do Miño pola súa marxe dereita.
Río

Rio Miño

O río máis longo de Galicia cos seus 350 quilómetros.
Spa

Termas Muiño da Veiga

Termas públicas na zona de Outariz.
Spa

Termas Outariz - privadas

Instalación termal de pago en Outariz.
Spa

Termas Outariz - publicas

Zona termal de uso público en Outariz.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta