Tempo  unha hora 47 minutos

Coordenadas 124

Fecha de subida 13 de enero de 2015

Fecha de realización diciembre 2014

-
-
211 m
83 m
0
0,7
1,3
2,61 km

Vista 3181 veces, descargada 47 veces

preto de Roxos, Galicia (España)

No monte de San Miguel, entre os lugares de Fraíz e Portela, na zona coñecida como Devesa da Rula, en honor á asociación que redescubriu dita estación, concéntrase máis de vinte laxes con gravados prehistóricos. A tipoloxía común dos gravados consta de combinacións circulares, labirintos, espirais, coviñas, esvásticas, cuadrángulos, antropomorfos, zoomorfos. Distínguense dous grupos de temas: os motivos simplemente xeométricos, e os motivos naturais, non fieis nin exactos, pero polo menos poden ser identificados como cuadrúpedes ou figuras humanas. No Val de Roxos o deseño e temática dos petróglifos, é de carácter xeométrica non figurativa, na súa inmensa maioría. Representan a maior concentración de gravados na rocha da comarca de Compostela, tendo sido obxecto dos primeiros achados e referencias de petróglifos da comarca plasmados nos magníficos debuxos de don Enrique Campo Sobrino en 1909.
Salvo o petróglifo do Rexio, que xa esta catalogado por patrimonio, os nomes, datación e demais características dos gravados do resto de laxes foron propostos polo Colectivo A Rula, (pincha aquí) asociación cultural que ven facendo unha encomiable labor de divulgación e posta en valor da arte rupestre neste territorio.

Inicio e fin do percorrido circular: A Ponte Brea na Portela Villestro.
Distancia: 2.6 km
Duración: 1:30 horas
Dificultade: Media‐baixa
Aparcadoiro: Campo de Fútbol Villestro
Recomendacións:
Calzado axeitado, roupa cómoda e auga.
Visitar Centro Interpretación Arte Rupestre Val de Roxos

A ter en conta:
Recomendamos que a mellor hora para observar e contemplar os gravados rupestres ao aire libre é ao final do dia cando os raios de sol caen oblicuamente nas rochas de granito. A visión nocturna é a máis completa acompañada de luz artificial tenue e rasante sobre a rocha.
Temos que ter en conta cando nos achegamos á observacións dos petróglifos ao aire libre que se sitúan nun espazo que sufriu diversas transformacións agrícolas e forestais ao longo do tempo, engadindo a erosión, a escorrenta das augas e a acción dos incendios forestais que inflúen grandemente ao seu deterioro.
Informar así mesmo de que nesta parroquia existen outros petróglifos catalogados, seis en total, e outros non catalogados en diversos puntos da zona.Contribuíndo cuantitativamente á riqueza arqueolóxica da zona

Ver más external

Para iniciar esta ruta aconséllase aparcar no Campo de Fútbol de Villestro. O punto de inicio é o merendeiro da ponte Brea onde pasa o camiño xacobeo a Fisterra. Proponse visitar oito estacións de petroglifos, distribuidos en cinco paraxes (Monte de San Miguel, Devesa da Rula, Os Cortellos, Agro do Campo e o Rexío) Para iniciar esta ruta se aconseja aparcar en el Campo de Futbol de Villestro. El punto de inicio es el merendero de A Ponte Brea, donde pasa el camiño jacobeo a Finisterre. Se propone la visita de ocho estaciones de petroglifos, distribuidos en cinco espacios (Monte de San Miguel, Devesa da Rula, Os Cortellos, Agro do Campo e o Rexío) To start this route we advised you to park in the area of Villestro's football field. The starting point is the picnic area of Ponte Brea. It is proposed this itinerary: eight archaeological station, distributed among the five spaces (Monte de San Miguel, Devesa da Rula, Os Cortellos, Agro do Campo e o Rexío)
Compre sinalar a excepcionalidade desta laxe por ser irregular con grande cantidade de coviñas.. O deseño dos gravados encádrase dentro do grupo de motivos xeométricos. Obsérvase unha alineación de coviñas, e unha cruz bastante visible nun costado do laxe. Ten 46 coviñas Cronoloxía: prehistoria
Devesa da Rula I: Laxe bastante perceptible de dia e moi interesante con luz nocturna. Motivos xeométricos. Dobre aliñamento de coviñas, combinacións circulares, motivos circulares, coviñas exentas. Devesa da Rula II: Laxe bastante perceptible de dia e moi interesante con luz nocturna. Emociona pola riqueza do gravados. Motivos xeométricos. Combinacións circulares, posible antropomorfo, motivos rectangulares, coviñas exentas. Cronoloxía: prehistoria.
Devesa da Rula IV: Aconséllase a visita nocturna. Gravado erosionado pola acción do tempo, e pola acción dos incendios forestais Clasifícase como grupo xeométrico Cronoloxía: prehistoria. Catro coviñas agrupadas formando un cadrado, combinacións circulares, formas rectangulares divididas en dous cadrados, algún con coviña central, forma rectangular con esquinas redondeadas e coviña central. Devesa da Rula VI: Clasifícase como grupo xeométrico Cronoloxía: prehistoria. Primeiro reticulado de 5 por 2 cadrados, cun semicírculo no extremo inferior esquerdo. Segundo reticulado en forma de L, parte superior doce cadrados, parte inferior un cadrado. Ambos reticulados unidos por un suco.
Conxunto de cinco coviñas na zona superior e outras cinco na zona inferior. Combinación circular con tres coviñas centrais e conxunto de sete coviñas agrupadas.
Laxe con círculo sinxelo con coviña central.
Dende este miradoiro podemos contemplar una ampla vista panorámica de todo o Val de Roxos, ao Pico Sacro e á cidade de Santiago. Un momento para descansar, para deixar a mente libre e viaxar no tempo. En noites despexadas a visión do ceo é espectacular contemplando astros e estrelas imaxinándonos como sería a visión dos nosos antepasados no Val de Roxos e o seu legado no tempo a través dos gravados nas rochas.
Dende o miradoiro de San Miguel baixamos polo camiño vello de Fraíz a Portela entre carballeiras e outras árbores autóctonas de Galicia. Atopándonos no camiño con rochas de seixo branco de gran beleza. Á metade de camiño atopamos un piñeiro con niños de peto no que aniñan, escóitase e se vese a variedade de aves da contorna. Temos a posibilidade de facer fotos artísticas. Seguimos a baixada cara a seguinte parada e para elo temos que coller dúas bifurcacións; a primeira á esquerda e a segunda á dereita camiño do Agro do Campo.
Clasifícase como grupo xeométrico Cronoloxía: prehistórica e histórica. Unha das laxes ten dúas coviñas e un cruciforme e a outra cinco coviñas. Laxe bastante modificada pola acción do tempo, traballos agrícolas, paso de rutas de bicicletas.
É o único petróglifo catalogado da estación de petróglifos de Monte San Miguel situado a menos de douscentos metros dos novos xacementos ao pé do Camiño de Santiago. As gravados atópanse sobre dous afloramentos contiguos. Na situada máis ao S hai unha combinación circular de dous círculos concéntricos e dous apéndices radiais con cazoleta central. Entre o primeiro e o segundo circulo hai 5 cazoletas. No estremo S deste afloramento existe unha combinación circular cun so círculo incompleto e cazoleta central. Sobre o resto da superficie localízanse un mínimo de 29 cazoletas.
Rematamos a ruta nun dos achádeos máis recentes da estación. Leva o nome en honor a Manuel Romero veciño da parroquia comprometido coa labor do coidado e divulgación do patrimonio arqueolóxico. Gravado situado sobre unha laxe irregular de gran tamaño, a unha altura media por debaixo da normalidade dos petróglifos da estación. De temática xeométrica, destacan polos círculos concéntricos.

2 comentarios

  • Foto de Ecotur Santiago

    Ecotur Santiago 26-ene-2015

    El punto de partida de esta ruta es A Ponte Brea en el Camino de Santiago a Fisterra a su paso por Villestro. Dos de los petroglifos propuestos; O Rexío y Manuel Romero, están en las inmediaciones del Camino de Santiago. Una pausa para contemplarlos, no le hurta al peregrino ni 10 min de su tiempo https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/ruta-circular-diurna-petroglifos-val-de-roxos-villestro-8651533/photo-5126389

  • Foto de Ecotur Santiago

    Ecotur Santiago 26-ene-2015

    EL PUENTE BREA, llamado también de las Barreiras o de Villestro.
    Sobre el río Roxos, en la carretera Quintáns- Portela- Villestro
    De las personas mayores del lugar recibe el nombre de “puente romano”, indicándonos su antigüedad e importancia histórica. De piedra, con tres arcos u “ojos”, el central de medio punto y los dos laterales adintelados, también tiene contrafuertes.
    El Puente Brea o Abrea situado sobre el río Roxos, afluente del Sar, ha llegado hasta nuestros días en parte por el propio interés de la vecindad de Villestro, ya que estuvo a punto de desaparecer ante su previsible demolición, parece ser porque no disponía de ancho suficiente para acoger la actual cantidad de vehículos. Su queja ante la Dirección General de Patrimonio permitió su restauración y revalorización, acostumbrada como estaba al paso de carros y carruajes.
    El Camino de Santiago en su recorrido hasta Fisterra pasa por la parroquia de Santa María de Villestro, cruza el Puente de Brea sobre el río Roxos y comienza la subida hasta el alto del Vento.
    https://es.wikiloc.com/rutas-a-pie/ruta-circular-diurna-petroglifos-val-de-roxos-villestro-8651533/photo-5131364

Si quieres, puedes o esta ruta