aliiis
41 2 8

Tiempo en movimiento  2 horas 37 minutos

Tempo  un dí 3 horas 4 minutos

Coordenadas 2054

Fecha de subida 17 de abril de 2019

Fecha de realización abril 2019

-
-
355 m
218 m
0
3,3
6,6
13,1 km

Vista 2 veces, descargada 8 veces

preto de Nantón, Galicia (España)

Ruta que comeza na parroquia de Nanton, atravesa zonas de monte,rio na sua maior parte, baixase a unha zona cunha pequena cascada (pozo D'Horca), logo pasase por unha aldea abandonada, para posteriormente subir montaña e chegar a aldea de Rioboo. Dende alí demos a volta para subir ata a aldea da Mata, logo baixase A Folgoso e de ahí ao lugar de Denellón volvendo de volta hacia a aldea de Nanton onde rematamos.
Igrexa barroca de tipoloxía rural, construída no século XVIII, aínda quese conserva a ábsida do século XVI. Ten unha planta rectangular cunha soa nave, a partir do cal, a través dun arco triunfal, chegase a unha ábsida rectangular, á que se adosa a sancristía,de planta cuadrangular. A cuberta no interior reslvese por unhas bóvedasd e cañón sostida por seis arcos de medio punto, apoiados en soportes. Na ábsida a cuberta é nervada. No exterior a cuberta é a dúas augas na nave e a tres na ábsida.Preserva tres retablos de estilo barroco (co mesmo estilo do San Martiño de Riobó) e neoclásico. Na fachada principal destaca o campanario, de dous corpos, con planta cadrada, rematado por unha cúpula de forma circular.
Son uns muíños antigos nos que se moia o cereal, millo... para obter fariña.
Ten unha planta rectangular formada por dous módulos diferenciados anexos, cuberta a dúas augas de tellas. A porta é de sillería e enriba presenta un pequeno campanario.
É un salto de auga de uns 5 metros de altura do regato da Barcia. Está no fondo dun val rodeada de vexetación.
A penúltima foto é un retablo barroco do s.XVII e a última é a tumba do conde da Penela "Lorenzo Bermúdez de Castro Moscoso Silvaredonda Vila de Franco"
Construído en granito. Aséntase nunha pequena área de céspede á beira da estrada local a Peralta.O pedestal é circular. Carece de plataforma. O varal é octogonal. A parte do cruceiro é o seu capitel.Ten forma troncopiramidal octogonal invertido, remata en cadrado, volutas e nel escúlpense os símbolos J+S, mitra, chave e cruz patriarcal en X. A cruz é cadrangular de brazos con chafráns.
É un pazo de estilo barroco, construído no século XVII con fábrica de pedra de granito. Ten unha escaleira externa de dúas seccións, feita de pedra, cun petróleo sólido, que leva a un patín cuberto. Na fachada posterior vemos un arco amurallado. Na parte superior hai un balcón que domina unha paloma con piso cadrado adosado á fachada.Ten unha lavandería e un muíño de auga. O conxunto está rodeado por un muro. Na porta de entrada pódense ver dous brasóns: ​​o de Pardiñas e Vilar de francos e o de Rodríguez, Arijón, Romero, Figueroa, Moscoso e Caamaño.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta