-
-
239 m
42 m
0
2,4
4,8
9,6 km
Vista 222 veces, descargada 11 veces
preto de Conxo, Galicia (España)
Paseo por Santiago, polos camiños Portugués e de Fisterra e a carón dos rios Sar e Sarela.
Saída dende o aparcadoiro de Santa Marta, collemos o camiño Portugués na rúa Syra Alonso, seguimos pola ponte sobre o periférico SC-20 e logo por debaixo da ponte da Rocha, dende onde nos acompañará o río Sar. Cruzamos a ponte sobre o Sar na Rúa da Ponte Vella de Arriba; un pouco máis adiante xúntanse os ríos Sar e Sarela, uns metros despois abandonamos o camiño Portugués e collemos un camiño a dereita que baixa a aldea de Vidán (despois dun balado de adobes).
En Vidán dende o Centro Socio-Cultural imos por unha fermosa carballeira a carón do Sar, ata o hotel Quinta da Auga. Dende o hotel imos hacia a estrada Santiago-Noia que cruzaremos, e uns metros máis adiante en dirección a Santiago, a man esquerda collemos un camiño que nos levará ata o camiño de Fisterra (km. 87,297), seguimos o camiño de Fisterra ata a Costa do Cano, onde seguimos o paseo a carón do río Sarela que vai ata o Hotel Palacio del Carmen, dende aquí imos ata a carballeira e Pazo de San Lourenzo e voltamos polo Campus Sur da USC ata o punto de saída.
Distancia: 9,6 km
Tempo total: 2 h (5,1 km/h)
Tempo en movemento: 1h 53´ (4,9 km/h)

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios