Tempo  40 minutos

Coordenadas 169

Fecha de subida 3 de enero de 2017

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
117 m
100 m
0
0,4
0,9
1,73 km

Vista 1862 veces, descargada 6 veces

preto de Lavadores, Galicia (España)

A Comunidade de Montes de Cabral levou a cabo a construción dunha senda peonil polas beiras do río Lagares cun paseo con firme de xabre e a colocación de algunha mesa, bancos e pasarelas. O treito vai desde a rúa Manuel Álvarez -na entrada da Medoña- ata o mercado, ao carón da área de lecer da ponte de Cabral. Súmase, xa que logo, este percorrido ao xa existente augas embaixo e que comeza na Avda. de Madrid para chegar a Samil, faltando por habilitar todo o treito intermedio do Lagares pola parroquia de Lavadores.

O río Lagares é o maior curso fluvial do concello de Vigo, tendo o seu nacedeiro na lagoa Mol, en Peinador, e desembocando logo de 17,5 Km ao final da praia de Samil. Os seus tributarios son o rego Eifonso, na parroquia de Sárdoma, e máis o Barxas, na parroquia de Castrelos.

Ver más external

Pequeno bosque de ameneiros.
Punto de inicio do paseo na ponte da rúa Manuel Álvarez.
Lavadoiro ao carón do mercado de Cabral.
Levada de auga para un muíño hidráulico.
Mesa ao carón dun bosquete de ameneiros.
Muíño hidráulico con vivenda.
Muíño hidráulico con vivenda.
Área de lecer na ponte de Cabral.
Pasarela por debaixo da ponte de Cabral.
Pasarela sobre o Lagares na área de lecer da Ponte.
Pasarela sobre o río Lagares.
Ponte sobre o río Lagares en Cabral.
Ponte sobre o Lagares na rúa Manuel Álvarez.
Represa de auga para a levada dun muíño.
Presa no Lagares para unha levada dun muíño.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta