Tempo  unha hora 7 minutos

Coordenadas 346

Fecha de subida 20 de agosto de 2012

Fecha de realización agosto 2012

-
-
499 m
-45 m
0
1,0
1,9
3,81 km

Vista 4240 veces, descargada 24 veces

preto de Catasueiro, Galicia (España)

Este doado percorrido discorre polo litoral marítimo que vai dende a praia de Broña ata a Punta Requeixo.
Comezamos a camiñar un chisco antes da praia, meténdonos a dereita por un camiño que vai polo piñeiral ata acadar a costa, por onde hai unhas antigas casetas. Bordeamos a punta e pasando o areal de Broña seguimos polo paseo da Senda Verde cara a pequena praia do Picouso.
Segue a nosa andaina entre piñeiros para chegar a Punta Requeixo, que conta cunha área de lecer e un pequeno pantalán para o amarre das embarcacións. Agora daremos a volta para a praia de Broña.
O sendeiro non ten perda, sempre se segue o litoral.
Area de descanso e parque infantil en Punta Requeixo.
Antigas casetas de pescadores.
Inicio da ruta na praia de Broña, Serra de Outes.
Área de lecer na praia de Broña.
Parque infantil na praia de Broña.
Piñeiral na praia de Broña.
Praia de fina e branca area. Conta con servicios.
Hai un parque infantil, aparcadoiro e pantalán de amarre.
Paseo entre piñeiros polo litoral marítimo de Serra de Outes.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta