Tempo  51 minutos

Coordenadas 211

Fecha de subida 12 de agosto de 2018

Fecha de realización julio 2018

-
-
80 m
53 m
0
0,8
1,5
3,09 km

Vista 186 veces, descargada 3 veces

preto de Torroso, Galicia (España)

Nos carteis que atopamos ao longo deste paseo polas beiras do río Louro ao seu paso polo concello de Mos, lemos:

“A Louriña é un val no que a pesar dun importante desenvolvemento industrial se manteñen moitos dos usos agrícolas e gandeiros que modelaron a nosa paisaxe desde hai séculos. Son numerosas as especies de fauna que dependen deste mundo rural de campos, cultivos, sebes e veigas, convivindo en equilibrio con estas actividades tradicionais.

O Louro ao seu paso por Mos é un río de tamaño medio, cun réxime de caudal bastante estacional, con máximos en febreiro e mínimos en agosto. As súas augas acollen multitude de formas de vida, moitas das cales pasan desapercibidas pola súa discreción ou os seus costumes nocturnos. Desde a enorme diversidade de invertebrados acuáticos ata a gran lontra, todos dependen duns ríos limpos e saudables.

Aínda que non é extenso nin profundo, nas beiras do Louro medra un bosque que se alonga durante quilómetros e que protexe ao río e ás súas ribeiras. Formado por amieiros, freixos, salgueiros ou carballos é ao mesmo tempo o refuxio ideal para a fauna que depende dos ameazados bosques autóctonos, e favorece a conexión natural entre fragmentos de hábitats que quedan aillados en zonas moi humanizadas.”

Ver más external

Punto de comezo do paseo, preto da estrada dos Valos.
Punto de remate do sendeiro lineal.
Muíño hidráulico na Pateira.
Parque biosaudable da Pateira.
Ponte de madeira sobre o río Louro.
Pontella de pedra sobre o Louro, na Pateira.
Represa de auga no río Louro.
Represa de auga no río Louro.
Afluente do Miño. Nace na Serra do Galleiro, no concello de Pazos de Borbén.
Viña que atopamos no paseo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta