Tempo  un dí 4 horas 48 minutos

Coordenadas 2119

Fecha de subida 2 de septiembre de 2018

Fecha de realización julio 2018

-
-
4.036 m
1.951 m
0
4,8
9,7
19,32 km

Vista 25 veces, descargada 0 veces

preto de Maisonasse, Valle d’Aosta (Italia)

Adictiva ascension o Gran Paradiso no Val de Aosta en Italia.

Con condicions practicamente invernais fixemos cima o 7 de xullo.
A ascension soese facer en duas etapas, ainda que cada sabrá o que pode facer.
No saimos un xoves a media mañan do aparcamento da localidade de Pont. E un parking gratuito ,grande e que nom da problemas.
A subida ata o refuxio faise en menos de duas horas. Nom hai presa, levamos moito peso na mochila e temos luz dabondo por diante.
O camiño comenza cunha senda chan, que nos leva o comenzo de unhas zetas onde comenzamos a gañar altura rapidamente. A senda ata o albergue está ben señalizada e moi transitada, tanto por montañeiros como por turistas que suben un treito, polo que nom hai perda algunha.
Chegamos o albergue Vitorio Emanuelle o redor das catro da tarde, fixemos a inscripcion e colocamonos na habitacion. Conven reservar praza, especialmente en fin de seman. Nos estivemos nunha habitacion de catro pero nom sempre hai disponibeis. O refuxio e comodo, a cea abundante e hai un ambiente montañeiro magnifico.
O dia seguinte toca erguerse cedo xa que a subida e logo a baixada conven facela ca neve dura.
As catro da mañan saimos con frontais, seguindo a ristra de xente que pretendemos facer cima ese dia.
Saimos con crampos dende o inicio. En setembro so se colle neve no treito final.
A ascension e bastante dura, con palas de ata un 50% de pendente. Algunha xente diante nosa opta por dar media volta.
Despois dunha pala que se ascende facendo zetas para sortear mellor o desnivel optamos por encordarnos.
Pasamos por un falso chan, que nos conduce a cresta final.
A subida e dura pero tomamos aliento vendo o final mais cerca.
O reddor das 8.30 da mañan chegamos a cima con plena luz e pouco transito para o pasao final da Madonna.
Este paso e un treito aereo de uns 10 metros. Hai catro placas na parede para pasalo encordado. Con arnes ,corda e unhas cintas express faise sin maior problema. A foto e xunto a Madonna, pero si un se queda antes nom pasa nada.
A baixada e larga pero conven parar no refuxio a descansar , tomar algo,meter os pes na auga do glaciar e recoller as cousas si as deixachedes no refuxio.
E unha subida marabillosa, das que crean aficion.
A dureza depende moito do momento do ano en que vaias. Nos a comenzos de xullo collimos condicions moi duras e por eso poñemos dificultade Dificil.
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
  • Foto de Albergue Vittorio Emanuele 2735 mt
Refugio Vitorio Emanuele

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta