Dificultade técnica   Difícil

Coordenadas 454

Fecha de subida 21 de noviembre de 2013

Fecha de realización noviembre 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.606 m
533 m
0
3,6
7,2
14,37 km

Vista 16573 veces, descargada 333 veces

preto de Ferreirós de Abaixo, Galicia (España)

Esta ruta dende o km 1.2( na Ponteciña, unha ponte e madeira sobre un regato) ata o cumio do Piapaxaro 2, fai un km de desnivel en tan só 4.4 km de distancia; o que na carreiras de Trail se coñece como “km vertical”, o único practicable que se coñece en Galicia.
Saímos de Ferreirós de Abaixo ( 533 msnm ), que está no km 28.3 da estreda Lu651. Arranca diante do muíño que está na estrada, por un sendeiro que sobe á súa dereita e pasa por debaixo de unha casa de pedra, seguides por debaixo da seguinte casa, que está caendo . Seguindo sempre o sendeiro que ten o río sempre á súa esquerda. Cen metros despois de cruzar un regato por unha ponte de madeira ( A Ponteciña), convértese nun camiño ata Ferreirós de Arriba. Levamos feitos dous km.
En Ferreirós de Arriba subides dende a praza por entre o río e a parte dereita da aldea , logo pola rúa empinada que vai paralela ó río. O acabar as casas colledes á dereita . Trece metros despois da casa máis alta tomades o camiño da dereita por un camiño chao de todo (140 metros), cruzades o río, logo subides 80 metros( A Travesa), logo curva á esquerda, seguides subindo (Abredos) durante 130 metros e deixades o camiño, pola dereita por unha senda recta e case vertical polo medio do monte arriba . Logo de 500 metros por unha senda case vertical que fai varios escalóns e varias pequenas trepas, chegamos ao penedo, Castreliños, dende onde se ve a pirámide do Pico de Penaboa, ao final de unha lomba máis suave de un km de longo.
Dende o Penedo que está na base de Penaboa, ata o cumio hai 300 metros de distancia e 150 metros de desnivel. A pendente é brutal, hai mato e pódese un agarrar á base das uces mirando de que non vaian romper. Debemos calcular ben as nosas posibilidades, o vento, o xeo a neve , a néboa , mellor renunciar a ter que voltar dende o medio da pirámide agatuñando e marcha a trás . Seguir sempre a senda marcada, procurando non asomarnos a arista da esquerda que está no alto de un cortado de case 400 metros de altura, só para alpinistas con sangue fría.
No cumio de Penaboa( 1457 msnm), hai unha terraza –mirador para disfrutar das impresionantes vistas do Canón do río Ferreirós e de todo o Courel do poñente, non vos finquedes nos pasamáns que poden ceder. Penaboa quere dicir rocha sagrada. Na vila e Folgoso , chámanlle Pico dos Bois ou Mirador dos Bois, que parece que fai referencia aos mozos guerreiros(Bois)
Despois de Penaboa, podedes seguir ata o Piapaxaro: atravesades o mirador, logo seguides a arista do acantilado durante 450 metros, coa mesma dirección que o cortalumes, tede moito coidado de non despistarvos estamos no alto do cortado vertical e maior desnivel da Serra do Courel. Logo empezades a subir polo cortalumes, andades por el 400 metros e logo colledes á dereita a pista que sube durante 200 metros, cando cheguedes ao pe do Piapaxaro 2 ( ten 70 metros de altura sobre a base e 1613 msnm), cruzades un pouco de mato e escalades o cumio ata arriba, ides polo cordal ata o Piapaxaro 1( O cumio que ten a caseta coas antenas, 1610 msnm) .
Dende aquí, volvedes pola pista ata Penaboa( durante 2 km, o dobre máis longa que o cortalumes da subida), poucos metros antes do mirador de Penaboa, colledes o cortalumes da esquerda, e baixades por el( durante 2 km) por unha pendente inverosímil, ata a pista que vai de Ferreirós a Folgoso.
Cruzádes esta pista e seguides o cordal( durante un km) ata o Pico do Coto, que sube suave, pero remata nunha costa importante ao coroar Coto. Moito coidado non despistarse, a cara do poñente ten un cortado vertical de 100 metros, logo alí, pola esquerda tedes que buscar o sendeiriño que se mete polo medio de unha gran fenda do Pico, bordea o Pico pola súa base e baixa culebreando ata a estrada asfaltada, dous quilómetros e dende esta a Ferreirós de Abaixo polo quilómetro final colgados sobre a aldea.
Duración: máis de tres horas.

Ver más external

  • Foto de Chanzos
Tallados na pedra non se sabe canto tempo atrás...
  • Foto de Fonte
En Ferreirós de arriba.
  • Foto de Fonte estacional
  • Foto de Pe
  • Foto de Penaboa
17-NOV-13 12:47:25
17-NOV-13 13:50:45
  • Foto de Piapaxaro 2
17-NOV-13 13:40:31
17-NOV-13 15:47:17
  • Foto de Poldras
17-NOV-13 9:46:44
17-NOV-13 11:02:12
17-NOV-13 11:08:09
17-NOV-13 10:40:50

35 comentarios

  • Foto de G.E.O. Grupo de Exploracións Ourensán

    G.E.O. Grupo de Exploracións Ourensán 22-nov-2013

    A paso de travesía, sen apenas peso e sen descansos (só paradas de un ou dous minutos para tirar fotos ou escoitar explicacións) levounos unhas 8 horas que pasaron voando.

  • Carlitosm5 26-nov-2013

    hola, ¿podrías explicar un poco más el tramo del kilómetro vertical y de "escalar" el piapaxaro? en cuanto a dureza, dificultada, peligrosidad,....gracias

  • Foto de G.E.O. Grupo de Exploracións Ourensán

    G.E.O. Grupo de Exploracións Ourensán 26-nov-2013

    O propio recuperador do sendeiro mándame a resposta á túa pregunta e eu transcribo:
    "MOITO COIDADÍN !!! Primeiro KM vertical de Galicia, só para alpinistas, xente curtida no monte ...
    Con xeo, neve, vento, treboadas ...ante a dúbida, dade a volta.
    Empezar cedo, fan falta oito horas a paso normal conversandoe, sacando fotos.
    No verán non ten maiores dificultades, salvo o esforzo de subir a forte pendente e trepar en tres sitios"
    (O trepe máis difícil é de 3º grao)

  • courelao 03-dic-2013

    A incrible paisaxe, fai que os máis de mil metros dos cinco primeiros quilómetros, apenas se noten.
    Si, hai que ter moito coidado, Cando se coroa Penaboa, o instinto montañeiro, invítanos a rematar nunha arista que pola súa esquerda esconde uncortado de 400 metros de altura, que obriga a gaterar para non perder o equilibrio. As persoas con vertixe, deben escapar da arista pola súa dereita, por onde se pode subir se exposición ao abismo.

  • courelao 03-dic-2013

    Este é un dos dous cumes do Piapaxaro, o menos coñecido, so se pode subir escalado a súa cara noroeste ou polo cordal dende o Piapaxaro da caseta e das antenas. É tres metros máis alto que o que ten a pista , antenas e caseta.
    https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3007444

  • courelao 03-dic-2013

    Este é o Pico do Coto, que atopamos se seguimos o o track ata o final, a baixada ende aquí ata Ferreirós de Abaixo, é impresionante https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3007482

  • courelao 03-dic-2013

    Pico de Penaboa, visto dende un qulometro e medio de distancia.
    https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3007498

  • courelao 03-dic-2013

    Cortado vertical da cara norte de Penaboa, con 400metros de desnivel ata o río. https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3007511

  • courelao 03-dic-2013

    Na parte baixa de este Canón, o do Río Ferreirós, están escondidas as dúas aldeas polas que pasa a ruta: Ferreirós e Abaixo( inicio), e Ferreirós de Arriba ( no km 2).
    O primeiro pico é Coto(1055 msnm), que atoparemos na baixada. O pico do final do canón é Penaboa(1457 msnm),constitue a máxima dificultade da subida.
    Xusto á dereita de Penaboa, asoma por atrás o Piapaxaro, a altura máxima do percorrido (1613 msnm) https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3026699

  • courelao 03-dic-2013

    Este sendeiro, ou carreiro como decimos no Courel, era a vía rápida para comunicarse os veciños de Ferreirós e Vilarbacú; pos iso ainda se notan as os chanzos e pegadas nalgunhas rochas d produto do desgaste de séculos de moito pisar.
    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663585/photo-3025583

  • courelao 03-dic-2013

    Antes da chegada de Fenosa e a rede eléctrica pública, os vecños e Ferreirós alumaban de noite coa luz que saía de unha dinamo instalada nesta planta eléctrica, xa dende os anos corenta
    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663586/photo-3026613

  • courelao 03-dic-2013

    Debaixo do Pico do Coto, atoparemos esta fonte que so ten auga no inverno e na primavera
    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663587/photo-3025616

  • courelao 03-dic-2013

    A un quilómetro da saida, atopamos esta profunda pegada nun chanzo do sendeiro, de tanto poñer os zocos no mesmo sitio durante moitos séculos
    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663588/photo-3025641

  • courelao 03-dic-2013

    A medio km do Pico de Penaboa
    https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663589/photo-3025662

  • courelao 03-dic-2013

    NO cúmio do Piapaxaro máis alto, que neste roteiro nomeamos como Piapaxaro 2. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663591/photo-3025693

  • courelao 03-dic-2013

    Cento cincuenta metros despois de Ferreirós de Arriba, temos que cruzar o Río de Penaboa, por estas pías https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598#wp-5663593/photo-3026642

  • courelao 03-dic-2013

    Este é un dos dou cúmios do Piapaxaro, que neste track lchamamoslle "O PIAPAXARO 2" https://es.wikiloc.com/rutas-alpinismo/kilometro-vertical-do-courel-na-subida-dende-ferreiros-de-abaixo-ata-o-piapaxaro-por-penaboa-5663598/photo-3007444

  • courelao 03-dic-2013

    A ruta discorre toda ela polo concello do Courel, que moitos chamanlle Caurel. A formas histórica, oficial, e legal é Courel

  • Foto de guillediaz

    guillediaz 04-dic-2013

    Unta ruta excepcional, para xente preparada. Merece a pena o esforzo,

  • Foto de guillediaz

    guillediaz 04-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Hay que estar en muy buena forma, en invierno es dura, en verano con calor una locura!

  • courelao 09-dic-2013

    A incrible paisaxe, fai que os máis de mil metros de desnivel dos cinco primeiros quilómetros, apenas se noten. Si, hai que ter moito coidado, Cando se coroa Penaboa, o instinto montañeiro, invítanos a rematar nunha arista que pola súa esquerda esconde uncortado de 400 metros de altura, que obriga a maioría gaterar para non perder o equilibrio. As persoas con vertixe, deben escapar da arista pola súa dereita, por onde se pode subir se exposición ao abismo.

  • Foto de alexandreglez

    alexandreglez 10-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Aunque en conjunto la considero como una ruta moderada, tengo que decir que el último tramo de unos 100 de ascensión se hace un poco dificil y en la que hay que tener extremo cuidado, sobre todo cuando hay hielo como es el caso que me ocupa.

  • courelao 12-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    A dificultadedesta ruta estána pendente, a máis pendente de Galiza

  • CristinaAL 12-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta dura e fermosa. Impresionantes aristas.

  • MªjoseCourel 12-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Extraordinarias vistas no centro do Courel.

  • Foto de GVzA

    GVzA 13-dic-2013

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Realicé el recorrido el 28-7-2013, con "pedrocb" y "brneatr"; antes de su reciente desbroce. Nosotros subimos al mirador agarrándonos al matorral, casi trepando, ya que estimo la pendiente superior a los 50º

  • Foto de GVzA

    GVzA 13-dic-2013

    Aún con el track, muchos senderitos son muy estrechos, y muy "aéreos" (en especial bajo el Pico do Coto) y es fácil resbalar. No es apto para senderistas con escasa experiencia. Con niebla y lluvia (nuestro caso), sólo para personas con soltura en terrenos irregulares. Lo del gateo no se libra nadie (aunque se haga por las partes menos expuestas a una caida al vacio).

  • Foto de aurigascou

    aurigascou 06-ene-2014

    Buenas tardes, la ruta la hicimos el 5-01-14, y mi mensaje es para ORLANDO, que lo conocía de oídas y por su articulo de prensa y ahora personalmente justo antes de empezar la ruta, que nos lo encontramos de casualidad. Mi enhorabuena por su trabajo y agradecimiento por el esmero con el que ha limpiado la ruta. Un abrazo, todo perfecto en el km vertical. Para mejorarla, solo en el paso del rio que baja despues de la aldea de Ferrerirós de Arriba, que tuvimos que vadear descalzos porque la arroyada del deshielo superaba el nivel de las piedras de paso. Con un par de buenos cantos, se salva. Muchas gracias.

  • courelao 04-feb-2014

    Vídeo de un grupo de montañeiros subindo a arista de Penaboa. Á súa esquerda un cortado de 400 metros, á súa dereita unha rampa case vertical de 150 metros de desnivel https://www.youtube.com/watch?v=2j7sLzjJpy0

  • courelao 04-feb-2014

    Combinacion da subida de Penaboa, coa baixada pola Rogueira e o Camiño Real nun percorrido circular de 30 km: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=5795495

  • PANENKA 19-may-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta fermosa con extraordinarias vistas do Courel.
    Moitas grazas pola descrición tan completa que das da ruta.

  • Moncho_Tux 26-jul-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Una ruta impresionante tanto la subida como la bajada. Merece la pena el esfuerzo. Gracias a Orlando, creador de la ruta, por guiarnos un tramo y explicarnos como era la ruta. Animo a todos a hacer esta ruta. Cuidado no os perdáis al iniciar la ruta. No hay que entrar en el pueblo. La ruta empieza al lado mismo de la carretera cerca de la entrada asfaltada al pueblo y la kantina.

  • Foto de GVzA

    GVzA 07-ene-2015

    Hola. El 4-1-2015 hice mi tercera vez al Penaboa, añadiendo en esta ocasión "los" Piapáxaro (las 2 cimas), aunque bajando por lugar distinto (no por el Pico do Coto), ya que era lo más sensato dadas las pocas horas de luz que quedaban. La ruta fue aprovechando una actividad de Orlando (colaborando en una plantación de árboles), aunque nos escaqueamos un poco al irnos al Piapáxaro. Nosotros BAJAMOS desde el Piapáxaro 2, y está claro que ese tramo está pensado para hacer subiendo... Nuestro track http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8592536

  • Foto de Suso_Ares

    Suso_Ares 31-ago-2015

    Veño de facer a ruta a finais de Agosto con 32ºC: non a considero de escalada, unha ruta de sendeirismo, dura, pero de sendeirimos sin máis, e moito menos hai que ser "alpinistas". A súbida é dura, pero relativamente fácil, aínda que é evidente que hai que ter coidado nos 200 últimos metros ata Penaboa, vamos, que abrir os ollos e mirar onde se pisa. As persoas con vertixe, evidentemente, vano pasar mal.
    Dende o mirador ata Pia Paxaro pódese evitar con facilidade o cortado de 400 metros si se usa o cortalumes, para gustos hai colores.
    O descenso desde Pico do Coto non llo aconsello a ninguén, a menos que se leve un machete para abrirse paso: a ruta está pechada nalgúns puntos, e non ten moito atractivo.
    Finalmente, agradecer a Orlando o seu traballo e esforzo por abrir o percorrido que todos podemos agora desfrutar: moitas grazas pola miña parte.

  • Foto de picosacro

    picosacro 12-mar-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta espectacular

Si quieres, puedes o esta ruta