Tempo  8 horas 2 minutos

Coordenadas 1752

Fecha de subida 7 de octubre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
2.438 m
1.348 m
0
4,3
8,6
17,28 km

Vista 99 veces, descargada 6 veces

preto de Zuriza, Aragón (España)

A Mesa dos Tres Reis (Hiru Errege Mahaia en eusquera) con 2442 mt. e a cima mais alta de Nafarroa e atopase xusto no limite ca provincia de Huesca e con Francia ,de ahí o nome.
A subida e un clasico da zoa , preciosa, cunhas vistas estupendas, pero ollo porque subir pode ser algo complicado, sobre todo nun dia de nevoa por mor dunha complicada señalizacion, nom mala pero si complicada xa que podese ir a lo menos por duas sendas distintas e ademais esta o Camiño de Francia ,(camiño antigo de paso entre España e Francia), que comparte boa parte do sendeiro ca ruta da mesa pero nom toda.
En este track imos por un sendeiro compartido casi na sua totalidade co Camiño de Francia e voltamos polo sendeiro mais comun e transitado, co que unha boa opcion e ir e vir polo camiño de ida.
A ruta sae dende o refuxio de Linza o que se chega en coche, e no que nom fai falla facer noite nel, xa que podedes durmir en numeros pobos moi perto polo mesmo ou incluso menos importe e mais comodos e ademais evitar a pouca simpatia dos xerentes do refuxio ( a nos negaronnos auga do grifo ).
En tampada estival a senda esta perfectamente marcada ,con neve hai que guiarse de tracks, e con nevoa a cousa é ainda mais complicada. Pero Ollo! a Mesa con moita neve nom e nada recomendable xa que ten riscos maximos de aludes.
A senda vai gañando desnivel nada mais sair do refuxio, de xeito constante. O kilometro mais menos de comenzar deixaremos unha pradeira a dereita, onde hai un pequeno refuxio e subiremos unha cima que nos irá subindo os metros a bastante velocidade..
O sendeiro e mais menos doado de levar, pero constantemente temos subida.
O longo da senda atopamos dous desvios principais, que están perfectamente marcado. O primeiro e que nos indica que a man esquerda imos para a Mesa e a man dereita para o pico Petratxema, outro clasico da zoa.
Os tres km aproximadamente atravesamos unha canal onde nos desviamonos a man dereita seguindo a Camiño de Francia, a senda e bonita pero mais complicada de seguir e nom recomendable sin GPS. Hai moitos fitos polo camiño pero alguns colocados desordenadamente.
A nosa senda levounos a toparnos cunha chimenea moi estreita que, ainda que se pode bordear pola dereita no decidimos subila.
O chegar a cima dela hai que seguir ben as indicacions xa que hai unha zoa un pouco aerea. A senda levanos a unha baixada delicada pero que nos conduce o camiño da base da cima.
Dende eiqui todo e subida constante guiandonos dos fitos ata a ultima subida. Este treito final e o mais empinado de todo, vaise gañando a base de zetas e nalgun intre hai que botar as mans.
O final vemos a cima co castelo colocado alí, cun mar de nubes precioso.
A volta fixemola pola senda mais concurrida ainda que nom debdes perder ollo para nom perderse.
E unha ruta preciosa, propia de Pirineos, nom e demasiado dura pero si que hai que estar atentos a nom perderse.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta