-
-
2.067 m
1.219 m
0
3,2
6,3
12,69 km

Vista 958 veces, descargada 27 veces

preto de Villanueva, Galicia (España)

PR-G 198 - RUTA DO MALURO E PENA TREVINCA - SENDEIRO DE MONTAÑA

Ano Homologación: 2016
Punto de partida/chegada: Vilanova (A Veiga)
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: en Vilanova
Accesos: Vilanova (A Veiga)
Puntos de interese: Maluro, Pena Negra, Pena Trevinca
Máis información:
Concello da Veiga: Telf. 988 35 00 00 http://aveiga.gal

==========
PR-G 198 – RUTA DO MALURO E PENA TREVINCA - Sendeiro de montaña
==========

Enlaza con:
Esta ruta enlaza coa PR-G 201, preto do nacemento do río Xares.

Nota para os sendeiristas:
As montañas de Trevinca son cumios con condicións propias de alta montaña.
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
Non infravalore a dificultade e os posibles perigos destas montañas.
As condicións climatolóxicas poden mudar en pouco tempo, incluso no verán. Non se confíe.
É conveniente ir sempre en grupo e con persoas con experiencia.
Non é unha ruta recomendable para nenos ou persoas sen preparación.
Os cativos deben ir sempre acompañados e protexidos por adultos.
Incluso no verán hai que levar roupa de abrigo e calzado adecuado: botas, pantalóns longos, etc.
Debe levar alimentos e bebidas suficientes. No percorrido non hai fontes.
Non prenda lume. Nestas montañas xeralmente hai ventos que espallarían facilmente un incendio.
Gran parte dos percorridos non teñen cobertura telefónica, nin sequera para chamadas de emerxencia. Vaia con coidado e nunca supere os seus límites.

Estas rutas están sinalizadas segundo o manual da FEDME para rutas sendeiristas de montaña. (Hai postes de confirmación aproximadamente cada 100 metros) É recomendable levar o track en GPS.

www.segatur.com

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta