• Foto de PR-G 200 RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO - Sendeiro de Montaña

Dificultade técnica   Moderado

Coordenadas 617

Fecha de subida 27 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
1.834 m
1.106 m
0
3,6
7,3
14,51 km

Vista 708 veces, descargada 13 veces

preto de A Ponte, Galicia (España)

PR-G 200 - RUTA DAS LAGOAS GLACIARES DA SERPE E DE OCELO - SENDEIRO DE MONTAÑA

Ano Homologación: 2016
Punto de partida/chegada: A Ponte / A Ponte
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: en Xares, Vilanova e a Veiga. Na Ponte hai refuxio da FGM e fontes. Non hai hostalaría.
Accesos: A Ponte (A Veiga)
Puntos de interese: A Ponte, o Camiño das Calellas, O Fial, vistas sobre o val do Xares, A Lagoa da Serpe, vistas sobre o val do Bibei, A Lagoa de Ocelo, o Coto de Xares.
Máis información:
Concello da Veiga: Telf. 988 35 00 00 www.aveiga.es

Enlaza con:
Esta ruta enlaza e coincide coa PR-G 201, dende preto da Lagoa de Ocelo ata a Lagoa da Serpe.

Nota para os sendeiristas:
As montañas de Trevinca son cumios con condicións propias de alta montaña.
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
Non infravalore a dificultade e os posibles perigos destas montañas.
As condicións climatolóxicas poden mudar en pouco tempo, incluso no verán. Non se confíe.
É conveniente ir sempre en grupo e con persoas con experiencia.
Non é unha ruta recomendable para nenos ou persoas sen preparación.
Os cativos deben ir sempre acompañados e protexidos por adultos.
Incluso no verán hai que levar roupa de abrigo e calzado adecuado: botas, pantalóns longos, etc.
Debe levar alimentos e bebidas suficientes. No percorrido non hai fontes.
Non prenda lume. Nestas montañas xeralmente hai ventos que espallarían facilmente un incendio.
Gran parte dos percorridos non teñen cobertura telefónica, nin sequera para chamadas de emerxencia. Vaia con coidado e nunca supere os seus límites.

Estas rutas están sinalizadas segundo o manual da FEDME para rutas sendeiristas de montaña. (Hai postes de confirmación aproximadamente cada 100 metros) É recomendable levar o track en GPS.

www.segatur.com

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta