-
-
2.068 m
1.486 m
0
5,1
10
20,41 km

Vista 2072 veces, descargada 30 veces

preto de Pradorramisquedo, Galicia (España)

PR-G 201 - RUTA INTEGRAL SERRA CALVA - SENDEIRO DE MONTAÑA

Ano Homologación: 2016
Punto de partida/chegada: Portelo de Serra Calva - As Lagoas das Tablillas (Estrada de Valdín (A Veiga) a Porto de Sanabria) Estrada de montaña
Lugar: Concello da Veiga (Ourense)
Servizos: en Valdín, en Corzos, na Veiga e en Porto de Sanabria.
Accesos: Portelo de Serra Calva - As Lagoas das Tablillas (Estrada de Valdín (A Veiga) a Porto de Sanabria) Estrada de montaña
Puntos de interese: Lagoallos da Serra Calva, o Sestil da Calva, Pico de Ocelo, Lagoa de Ocelo, Lagoa da Serpe, Alto de Turrieiro, nacemento do río Xares, Pena Trevinca.

Máis información:
Concello da Veiga: Telf. 988 35 00 00 www.aveiga.es

Enlaza con: PR-G 198 e PR-G 200

Nota para os sendeiristas:
As montañas de Trevinca son cumios con condicións propias de alta montaña.
A natureza ten os seus perigos: por favor utilice o sentido común e sexa precavido.
Non infravalore a dificultade e os posibles perigos destas montañas.
As condicións climatolóxicas poden mudar en pouco tempo, incluso no verán. Non se confíe.
É conveniente ir sempre en grupo e con persoas con experiencia.
Non é unha ruta recomendable para nenos ou persoas sen preparación.
Os cativos deben ir sempre acompañados e protexidos por adultos.
Incluso no verán hai que levar roupa de abrigo e calzado adecuado: botas, pantalóns longos, etc.
Debe levar alimentos e bebidas suficientes. No percorrido non hai fontes.
Non prenda lume. Nestas montañas xeralmente hai ventos que espallarían facilmente un incendio.
Gran parte dos percorridos non teñen cobertura telefónica, nin sequera para chamadas de emerxencia. Vaia con coidado e nunca supere os seus límites.

Estas rutas están sinalizadas segundo o manual da FEDME para rutas sendeiristas de montaña. (Hai postes de confirmación aproximadamente cada 100 metros). É recomendable levar o track en GPS.

www.segatur.com

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta