Tempo  5 horas 11 minutos

Coordenadas 1838

Fecha de subida 24 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

-
-
385 m
4 m
0
9,3
19
37,1 km

Vista 3003 veces, descargada 58 veces

preto de Armenteira, Galicia (España)

Centro BTT O Salnés: R2 y R3
R-2; Ruta dos Muíños de Armenteira + PR-G 173; Ruta do Río Umia + R-3; Ruta dos Outeiros de Silván.

R2 - Ruta dos Muíños de Armenteira
A ruta une os muíños de Barrantes (Ribadumia) co Mosteiro Cisterciense da Armenteira (Meis).
O trazado coincide en moitos tramos coa afamada senda peonil da Ruta da Pedra e da Auga, polo que os ciclistas deberán moderar a súa velocidade e ser precavidos cos transeúntes. Desde os muíños de Barrantes ascéndese nuns primeiros tramos de escasa dificultade a carón do río Armenteira ata pasar polos reconstruídos muíños do Serén e polo senlleiro conxunto escultórico da "Aldea Labrega" en Meis. O percorrido gaña altitude e dificultade no último tramo, separándose do complicado curso do río e achegándose á aldea de Silván. Logo, nun curto trazado por asfalto, a ruta retorna xunto ao río para chegar paseniño ata o Mosteiro.
Neste itinerario gozará de frondosas paisaxes fluviais e da rica arquitectura popular ao longo deste pequeno río. No final do trazado non hai que deixar de visitar o Mosteiro da Armenteira. A ruta serve de fío condutor para tirar o máximo partido desta rede xa que en Barrantes conecta coas rutas 6 e 9 e na Armenteira coas 3 e 5.

R3 - Ruta dos Outeiros de Silván
Arranca xunto ao río e o Mosteiro da Armenteira. A pesar da súa curta lonxitude, mostra un trazado levemente complicado no inicio e na fin.
Así zigzaguea paseniño entre as casas de Vilar, moitas de pedra e factura tradicional, ata internarse dentro do algo sinuoso bosque da Cova do Raposo. Pero ese pequeno esforzo paga a pena cando o ciclista chega aos Outeiros de Silván e, entre as árbores, ábrese un limpo horizonte de verdes vales e paisaxes agrarias e vitivinícolas, salpicadas de pequenas lombas con pechados bosques perennes. A maior parte do percorrido deste itinerario, tanto en dirección norte como no retorno cara ao sur, coincide coa ruta 10, permitindo o engarzamento con gran parte dos outros itinerarios.

Ruta do Río Umia [PR-G 173]
O río define o territorio e condiciona a vida das comunidades que viven nas súas marxes. No Salnés, máis que un elemento fronteirizo, o Umia convértese nun elemento de cohesión entre os concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa, por onde transcorre o PR-G 173, Ruta do Río Umia.
O percorrido do sendeiro, de 5,5 quilómetros de lonxitude, está dominado por varias pontes tradicionais e modernas que actúan como puntos de unión de diferentes tramos. Malia que o trazado é lineal, posúe unha dificultade moi baixa, podendo facerse en ambos sentidos ou percorrelo de ida e volta. O itinerario parte da área recreativa de Santa Marta, en Ponte Arnelas (Leiro – Ribadumia). Despois de cruzar a pasarela do novo viaduto, continúase pola beira do río ata a ponte de Ponte Arnelas. Desde aquí, vólvese a Santa Marta e iníciase o segundo tramo cara a Cabanelas (Ribadumia) para rematar, co terceiro, en Barrantes (Ribadumia).
A importancia histórica e artística desta ruta ten o seu máximo expoñente na vila de Ponte Arnelas, coa súa “Ponte dos Padriños”, do século XVI, o muíño, a Capela de Santa Marta e as vivendas tradicionais, entre outros; así como a escultura contemporánea de Manolo Paz, no antigo campo da festa, que simboliza a unión dos tres concellos (Ribadumia, Vilanova de Arousa e Cambados).
Waypoint

Inicio, Monasterio de Armenteira

Waypoint

Camino R-2 entre Río Armenteira

Waypoint

Vilar

Waypoint

Carretera EP-9406 Vilar - Silván

Waypoint

Silván

Waypoint

Camino descenso en Bosques

Waypoint

Puente en riío Armenteira Rutas de R-2 y PR-G 170

Waypoint

Molinos y Presas en Río Armenteira

Waypoint

Aldea Labrega de Escultorico y Area Recreativa

Waypoint

Molinos de O Seren

Waypoint

Puentre de Autovia de Pontevedra - Sanxenxo

Waypoint

Molinos de Barrantes

Waypoint

A Ponte Nova y Final de R-2

Waypoint

Pazo de Barrantes

Waypoint

Río Armenteira y Bosques

Waypoint

Desembocadura de Río Armenteira a Río Umia

Waypoint

Inicio PR-G 173 y Puente de Barrantes

Waypoint

Camino y Viñedos entre Río Umia

Waypoint

Puente de Cabanelas en Río Umia y Centro de Interpretación da Natureza

Waypoint

Puente de Santa Marta y debajo de pasarela sobre río Umia

Waypoint

Puente y Presas de Pontearnelas

Waypoint

Capilla de Santa Marta y Final PR-G 173

Waypoint

Inicio y Final R-3

Waypoint

Vilar, zigzag en Fuente, las casas de piedra y hórreos

Waypoint

Bosques de A Cova do Raposo

Waypoint

Os Outeiros de Silván

Waypoint

Enlace Ruta 10 y Vuelta de R-3

Waypoint

Vista de Ria de Arousa

Waypoint

Lavadero y Ermita de Rio Laxe

Waypoint

Crucero y Fuente de Vilar

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta