-
-
1.330 m
537 m
0
12
25
49,34 km

Vista 1065 veces, descargada 3 veces

preto de Portela, Galicia (España)

Ruta mixta, montaña e asfalto, moi agrestre e de vistas fermosas, ademais a altura da Serra do Leboreiro permite adestrarse por riba dos 1000m durante moitos kilómetros podendo volver por outros camiños. En modalidade lineal é ideal para facela e que te recollan na mesma carretera máis abaixo.


Saída dende o Alto do Vieiro ata o Outeiro das Augas. Primer tramo con lixeiras subidas por carretera, de uns 9 km.
De Outeiro das Augas collemos o fragamento de 1->4 do Sendeiro Vieiro das Mámoas( adxunto mapa en fotos) que nos levará ata a fronteira. Nesta anaco observaremos unha mota, un foxo do lobo e os Penedos da Cantareira como puntos arqueolóxicos destacados, especialmente fermosa a zona da Cantareira coa cantidade de túmulos neolíticos abraiante.
Do punto 4 ó 5 é o seguinte tramo. Todo o sendeiro está ben conservado. É raiano totalmente e vainos a deixar panorámicas constantes da Serra do Xurés, A Fraga, Leboreiro portugués, etc.
Do punto 5 ó 6. Saímos en Senderiz tras un baixada que non da tempo a se despistar,a carón da Ermita de Sta Lucía.
A partir de aí baixada polos pobos: San Xés, A Canle, Baldemir, Sabariz e Torneiros para coller a 0U-1212.
Parada técnica na minicentral do Río Fragoso e pasamos por Facós, Gaiás ata chegar a Ermille e coller 500m da N-540 ata As Conchas. No meu caso despois volta á casa.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta