-
-
631 m
-3 m
0
22
44
87,78 km

Vista 25 veces, descargada 1 veces

preto de Laje, Viana do Castelo (Portugal)

Ruta super recomendable dende Âncora ao alto de San Paio, enfrente a Vila Nova Da Cerveira.

A primeira parte da ruta sae buscando o pobo de Costa (que xa nos conocen das veces que pasamos), que está ao cruzar a autovía, camiño da Serra de Amonde, onde disfrutamos dunhas vistas sobre Viana moi chulas. Subida técnica polas moitas pedras no camiño.

Unha vez no alto, cortalumes pola zona de Folgadoiro, e ir baixando para atravesar o Pinhal do Vizinho. Xa chegamos a Montaría e entramos nun camiño que bordea a Serra da Arga ata chuegar ó lugar de Cerquido....vistas impresionantes..e eso que nos estamos no alto...

Ao sair de Cerquido pisteamos, rápido pola zona do Bikepark . A continuación cruzamos a Serra do Lousado e baixamos para atravesar o río Coura.

Empezamos a subir outra vez, esta vez a Serra de Covas, cunha pequena transición e volta a subir ata o alto de San Paio. Preciosas vistas... unhas fotos e baixada vertixinosa.

A volta rodadora pola ecovía.

Gran ruta por unha zona que merece a pena conocer.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta