-
-
355 m
56 m
0
9,0
18
35,87 km

Vista 1701 veces, descargada 16 veces

preto de Marcón, Galicia (España)

Ruta bastante corta e faciliña con escasa dificultade técnica e física, visitando uns pequenos montes do concello de Barro. Bastante pista forestal e camiño, así coma vías de servicio de autoestrada. Ideal para iniciarse no MTB.

En principio iniciamos polo camiño portugués polo centro de Pontevedra, para cruzar o Lérez polo Burgo, porque pola ponte das Correntes aínda non se pode. Continuamos por territorio coñecido a carón da autoestrada ata chegar ó perigoso paso da estrada de Vilagarcía, xusto por baixo da ponte da autopista.

Unha vez solventado o apuro, atravesamos hacia Sabarís por uns camiños, continuando por o Bispo, deixando o Castrove á nosa esquerda, hoxe non queriamos subir.

Así que probando camiños atopámonos con unha mina de auga nun lugar chamado a Lampreeira, pero tivemos que recuar un pouco para poder continuar por unha excelente pista ata un campo de fútbol. Aquí despreciamos de novo a estrada para meternos no monte e chegar á Bretoña, para continuar polo monte de Outeda, pasando perto da peaxe da autoestrada e atravesando o polígono industrial Barro-Meis.

Como colofón ascendemos a dous pequenos montes veciños, un en cada concello, As Penizas en Meis , formado á súa vez por dúas pequenas cimas, e Goimil en Agudelo Barro, tamén chamado monte da Chan. Neste último hai unha capela a devoción de San Cibrán.

Iniciamos descenso entre pinares no monte de Vilaverde, para chegar á Portela e retomar o camiño Xacobeo Portugúes que nos leva de volta á capital.

Como última misión, recorremos a illa das Esculturas para ver como van as obras de acondicionamento.

Ver más external

Distance19.68 km
Speed2.9 km/h
Pace20:34 min/km
Altitude355 m
Bearing280.3
Distance4.17 km
Speed14.4 km/h
Pace4:09 min/km
Altitude55 m
Bearing327.7
Distance28.52 km
Speed49.4 km/h
Pace1:12 min/km
Altitude138 m
Bearing181.4

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta