-
-
681 m
106 m
0
9,6
19
38,54 km

Vista 1132 veces, descargada 14 veces

preto de Marcón, Galicia (España)

Copiamos un pouquiño os primeiros quilómetros dunha ruta colgada en wikiloc polo usuario kikejungle para sair por San Mauro e as Rías de Abaixo e Arriba. Entre ambas atopamos un curioso entorno.



Despois de deambular polos camiños de Marcón, Pintos, Baltar e Vilarchán iniciamos o mencionado ascenso ós infernos. Nos albores do século XIV, Dante Alighieri doulle forma a unha das obras mestras da literatura universal, A Divina Comedia. Na primeira parte da mesma, o mencionado autor, acompañado de Virxilio, inicia unha particular odisea de descenso ós infernos. Hai nas inmediacións de Tourón un monte rocoso que recibe o nome do Coto dos Infernos. Descoñecemos como un lugar tan elevado e con despexadas vistas dun paraiso que abrangue case toda-las terras de pontevedra se pode chamar así, cando lle pegaría mellor un nome abundante e socorrido Coto do Ceo. Tamén sabemos dun lugar a escasos quilómetros no fondo do río Verduxo onde está a central hidroeléctrica chamado Os Infernos, que a pesares da súa beleza corresponde a un lugar profundo e de dificil acceso, nesta ocasión damos por bo o nome adxudicado. A ascensión ó coto foi ben dificultosa por subir pola vía máis directa, en ocasións a pendiente e as pedras soltas fixéronnos poñer pé a terra. En particular, os últimos metros da ascensión hai que facelos andando por un carreiriño casi tapado polos toxos. Unha vez arriba, ruinas de vellas construcción, un vento frio e forte e sobre todo unha espléndida panorámica en varios quilómetros a redonda, o espazo natural das nosas aventuras, divisando o mar das tres rías Baixas, as cidades de Vigo e Pontevedra e as cadeas montañosas trilladas polas nosas rodas: Acibal, Coirego, Seixo, Castelo, Pé da Múa, ...



Para rematar non podía fallar unscenso rápido por camiños de Mirón e a Peralba.

Ver más external

Distance19.63 km
Speed3.1 km/h
Pace19:36 min/km
Altitude681 m
Bearing55.7
Distance0.00 km
Speed4.2 km/h
Pace14:14 min/km
Altitude106 m
Bearing153.7
Distance36.00 km
Speed55.3 km/h
Pace1:05 min/km
Altitude164 m
Bearing242.4

1 comentario

  • Foto de kikejungle

    kikejungle 08-nov-2012

    Tanto no meu track como neste mencionas ese curioso lugar sen dar máis detalles. Agora teño tanta curiosidade que vou ter que repetir subida ó Campiño para examinar ese sitio.

Si quieres, puedes o esta ruta