Tempo  5 horas 41 minutos

Coordenadas 2725

Fecha de subida 31 de octubre de 2016

Fecha de realización agosto 2016

-
-
688 m
34 m
0
11
22
43,59 km

Vista 846 veces, descargada 26 veces

preto de Rego, Galicia (España)

Para evitarmos toda a subida dende Xuño á Curota, deixamos un coche no camping e subimos co outro até o desvío ao cumio dos Forcados, onde o deixamos aparcado e comezamos a nosa ruta a uns 505 m de altitude. Deste xeito fíxose ben levadeira, con pouco desnivel de subida e moito descenso unha vez superado o cumio do Iroite, o máis elevado desta serra cos seus 687 m.
No percorrido hai bastantes tramos de asfalto difíciles de evitar. Os cinco primeiros quilómetros están asfaltados e partir de aí predominan os camiños, sobre todo nas zonas máis elevadas da serra, e as pistas, con algún anaco de asfalto intercalado (como ao pasar pola zona militar do Iroite). Os quince últimos quilómetros volven ser de asfalto, agás o desvío para ver a fervenza do río Sieira (Ribasieira).
A primeira parte da ruta, uns doce quilómetros, transcorren pola parte elevada da serra do Barbanza e a vista máis interesante témola ao leste, á nosa dereita, cara á ría de Arousa. Para quen guste de andar en bici fóra de pista, a partir do quinto quilómetro hai que ir por rodeiras ou directamente polo prado, salvando algún rego e, nalgún paso, unhas cantas pedras. Polo terreo que se pisa e pola abundancia de gando salvaxe é a parte máis bonita para circular, como o sería para ir camiñando.
Ao final dese primeiro tramo e xa de novo no asfalto comezamos a gozar da vista da ría de Muros e Noia (en primeiro termo o areal de Agueira é facilmente identificábel e sérvenos de referencia para situar Porto do Son, Portosín...). O monte Louro, na beira norte da ría, é sempre unha referencia clarísima. Comeza aquí un segundo tramo no que imos rodeando o Iroite: a ascensión máis pronunciada da ruta (moi levadeira) achéganos á zona militar. Unha vez rematada a zona militar cómpre descender un anaco e andar ben pendente para desviarnos por un camiño á esquerda que nos vai levar á parte máis fermosa de todo o percorrido: entre os quilómetros dezasete e dezaoito sinalamos dous puntos na ruta que constitúen dous fabulosos miradoiros. O primeiro deles sobre a vila de Noia e o segundo, onda una garita en ruínas, sobre toda a ría (ligazón ao vídeo: ría de Muros e Noia dende o Iroite).
A partir do km 18 comeza o descenso, case continuo até o final, conbastantes quilómetros en descenso rápido por pistas de terra con algo de pedra en varios tramos. Se andades ben de tempo (e de pernas) é moi recomendábel desviarse, sobre o km 29 (un chisco antes do punto que indica "miradoiro ruta fervenza") e subir ao monte Enxa, doadamente recoñecíbel pola súa antena (centro coordinador de salvamento marítimo, 539 m; o desnivel que salvar dende o desvío é duns 125 metros). Nós continuamos o descenso na procura da fervenza de Ribasieira, á que chegamos logo dun desvío (indicado) de medio quilómetro e no que cómpre baixar da bici nalgún paso (ou polo menos cumpriunos a nós). A beleza do sitio ben paga a pena.
De volta na estrada só quedan 8,5 km ao camping (hai outras posibilidades de saír á estrada xeral AC-550, pero a que nós escollemos lévanos directos a Xuño e practicamente non ten desniveis de subida).
Rematar gozando dun bo baño nas Furnas sería unha opción fabulosa para rematar esta interesante ruta.
Vistas ría de Arousa (illa)
Vista Noia dende o Iroite
Garita en ruínas. Vista completa da ría de Muros e Noia dende o Iroite
Fervenza de Ribasieira. Río Sieira
Miradoiro na ruta da fervenza

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta