-
-
273 m
4 m
0
9,5
19
37,82 km

Vista 2545 veces, descargada 14 veces

preto de Marcón, Galicia (España)

Ruta de exploración cerca de Pontevedra, polas parroquias de Bora, Tenorio e Viascón, recorrendo o monte da Soldada ata acadar os 280 metros de altitude. Nesta época hai moitos toxos e silvas, camiños cegados pola maleza, polo que houbo que recuar en doas ou tres ocasións. A zona de Parada en Tenorio, da máis de si, pero hai que ir outro día ce esperar se alguén limpia os camiños
Empezamos a ruta por Mourente, pola zona dos Areais, alcanzando a nacional a Ourense á altura da Condesa. Despois baixamos a PonteBora para iniciar un sufrido ascenso ó monte da Soldada, mesmo con algunha rampa de poñer pé a terra, alcanzando por fin ó punto máis alto, nun coto chamado Outeiro da Bandeira, máis non vimos ningunha . Hai vistas fermosas dos vales do Lérez e do Almofrei, así coma da ría de Pontevedra. O fresquiño que ía arriba compensou a calor que pasamos subindo.

Baixamos despois raudos hacia Tenorio, por unha pista rápida e algo perigosa, para sacia-la sede na fonte que hai a carón da gasolineira.

Despois de algunha indecisión, pasamos a carón do instituto de Cotobade e collemos un camiño que nos levou a Lérez, que ademais dunha parroquia de Pontevedra, é un lugar de Tenorio cheo de casiñas ben restauradas. Dende alí baixamos cara o río, complicándose un pouco a ruta por mor da maleza que hai nos camiños. Cruzamos o rego da Troita e o Río Cabanelas, mesmo onde desembocan no Lérez, levan tan pouquiña auga que nin nos mollamos.

Dende aquí a cousa revirouse un pouco, e non sen dificultade chegamos a Parada, despois de renunciar a un camiño que nos levaba mais a carón do río e que coñecía de fai anos.

Para ampliar un pouco a ruta subimos a Viascon por pista forestal e despois de pasar polo conxunto parroquial baixamos por pistas de concentración parcelaria ata un lugar chamado A Rocha, onde contemplamos unha escea típica de documental. Un ave rapaz atrapou unha serpe grande a escasos cinco metros de nos, pero ó vernos tentou fuxir pero finalmente caeulle a presa e o reptil salvou a vida gracias á nosa presencia que asustou ó gavilán, azor ou o que fora,que non son entendido en aves. ( E menos aínda en reptís).

Seguimos camiño ata o campo de Futbol, perdemos o tempo tentando uns camiños que levaban a unha trampa de toxos, silvas e xestas, así que baixamos pola pista ata o Mosteiro, e de alí ó sendeiro de Bora e día rematado.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta