-
-
437 m
92 m
0
3,4
6,8
13,53 km

Vista 2345 veces, descargada 78 veces

preto de Bordones, Galicia (España)

RUTA 08 - RUTA DE BORDÓNS
Ruta circular do Centro BTT O Salnés
BTT Galicia

Desde o municipio turístico de Sanxenxo, o ciclista pode incorporarse a esta rede de rutas partindo desde San Pedro de Bordóns. Na ascensión,
entre frondosos bosques, o traxecto achégase á Chan de Gorita con vistas da ría de Pontevedra. A ruta entra no concello de Meaño e chega
ata a Chan do Couto onde cruza a estrada que vai á Armenteira, un bo lugar para tirar fotografías. O camiño alcanza O Busto e ascende entre
piñeiros para achegarse ao petróglifo do Outeiro do Cribo, un importante exemplo prehistórico de insculturas en pedra dos que abundan en Galicia.
O petróglifo presenta cérvidos e un labirinto datados sobre o 1.500 ou 1.000 A.C.; así como un cabalo con xinete atribuído ao S. VI A.C. A
escasa distancia o itinerario conecta coa ruta 5 no Outeiro de Valdedeus e prosegue o rumbo ata a húmida Tomada da Sobreira, onde descende
rapidamente ao Mosteiro da Armenteira.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta