-
-
442 m
82 m
0
9,5
19
37,83 km

Vista 397 veces, descargada 20 veces

preto de Ponte Caldelas, Galicia (España)

Aqui tedes o track da VI edición da BTTroita Ponte Caldelas. Saímos da Avenida de Pontevedra cara ao concello para dirixirnos cara ao logar de Parada por asfalto, onde colleremos a primeira das corredoiras que nos deixa xa enfilados cara a Jamarte, para comezar a baixada ao rio...unha vez cruzada a ponte, comezamos a ascensión hacia Taboadelo e de ahí subir por pista ata Cruz do Brail. Neste punto separanse as rutas longa e curta. Quen desexe facer a ruta longa collerán o track cara a e farán un bucle duns 8 kms moi divertidos, e os da curta seguirán de frente hacia Cristo Rey. Unha vez chegados a Baltar teremos o avituallamento solido/liquido. A partir de ahí comezamos a baixada por sendeiros empedrados e corredoiras cara a Aluncia e Taboadelo para voltar a cruzar o rio e dirixirnos xa hacia Tourón en ascenso....teremos que cruzar a carretera xeral e coller a pista de Tourón para baixar polo Rego San Vicenzo e facer al volta que xa tiñamos feito outros anos pola senda azul do rio Verdugo e entrar de novo en Ponte Caldelas. Ruta esixente e técnica en parte con zoa empedrada que vai poñer a proba a destreza dos bikers. Ao rematar na Alameda de Ponte Caldelas teredes outro avituallamento final con empanadas, callos e cervexa. Haberá servizo de duchas e lavado de bicicletas. As duchas atopanse na zoa deportiva onde recomendamos aparcar, moi proxima á zoa de saída.

RETIRADA DE DORSAIS NA CASA DE CULTURA NA ALAMEDA O PROPIO DIA 13 DE 8 A 9:15 HORAS.

Esperámosvos!!!

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta