roispiper
10 8 34

Tempo  3 horas 33 minutos

Coordenadas 2462

Fecha de subida 4 de octubre de 2018

Fecha de realización septiembre 2018

-
-
488 m
15 m
0
7,8
16
31,25 km

Vista 15 veces, descargada 1 veces

preto de Seira, Galicia (España)

Ruta circular que nos leva ó alto da Cabana partindo do acceso ó campo de golf de Rois, e nos trae de volta pasando pola Capelo do Soutullo. Realizada o 30 de setembro con María e Román.

Comezamos cun tramo de 3 km practicamente chans que nos sirve de quecemento e nos acerca á base da Cabana polo sur. A continuación, tras un primeiro sendeiro moi divertido de aproximadamente 1km, comezamos o ascenso, cun primeiro tramo duns 3km con algunha rampla relativamente esixente e nos leva a primeira encrucixada. A partir de aquí, 6km de subida practicamente continua ata a cima.

Tras un refrixerio, comezamos o descenso, dirixíndonos ó norte, ata enlazar coa pista de asfalto que baixa cara Macedos. Despois de aproximadamente 1,5km xiramos á esquerda accedendo de novo a unha pista forestal. Continuamos o descenso ata a primeira curva pechada de esquerdas, onde seguiremos recto por un sendeiro que nos leva a unha baixada con tramos técnicos de algo máis de 1km, cun tramo de subida final moi bonito e tamén un pouco técnico. (Se se nos pasa o xiro e continuamos, chegamos á aldea de Quintáns, por unha baixada que tamén merece a pena).

Atravesamos a aldea de Macedos, e dirixímonos ó oeste, de novo por terra, a través dun sendeiro cun par de baixadas moi bonitas que remata de novo en asfalto. Continuamos por asfalto ata o km 17.5, onde atopamos unha pista que sobe á dereita e nos leva a curva das eses, en Quintáns. Continuamos por asfalto dirección Verduga, afrontando a última subida, neste caso por asfalto, ata chegar a pista que vai á Capela do Soutullo, á nosa esquerda. Se ides cansos este é un sitio moi bonito para facer unha parada e tomar algo.

Continuamos cunha baixada con tramos de moitas pedras soltas e firme accidentado se non escollemos ben a liña, ata chegar de novo á CP-7401, que nos levará case ata o punto de partida por asfalto, nun tramo duns 8 km que non ofrece demasiada alternativa. Deixamos para o final un anaco de terra con algunha zona divertida, que nos permitirá acabar con bo sabor de boca.

Ruta divertida, de dificultade física e técnica moderada, con tramos curtos que poderían calificarse de difíciles baixando cara Macedos, onde é recomendable ir con ollo se non se coñece o terreo debido ós numerosos regos que atravesan o camiño e que resultan difíciles de ver debido á vexetación.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta