-
-
502 m
81 m
0
11
22
43,24 km

Vista 2437 veces, descargada 105 veces

preto de O Carballiño, Galicia (España)

Fermosa e dura (non podía ser de outro modo) ruta, con moito sube/baixa e varios puntos que se prestan a parar e sacar unhas fotos...

De O Carballiño saímos aproveitando parte do trazado do Camiño dos Arrieiros ata chegar ó área recreativa do Porto de Eguas. Nese punto, collemos fermosos carreiros ata chegar á aldea da Cruz (Anllo).

Sen deixar os camiños, pero agora xa mais anchos, imos baixando cara ó ribeiro, por unhas pistas forestais que nos regalan fermosas instantáneas.

O único punto de referencia será a Capela de San Roque, recén reformada, e dende a que vemos por vez primeira os sinais da Ruta do Ribeiro, unha rede de sendeiros sinalizados por toda a comarca.

Seguemos esas sinais, e collemos unha baixada rápida e fermosa entre piñeiros e mimosas que engade un punto técnico coa presenza de 4 rampas polas que podemos facer uns bos saltiños.

Sen pedalear mais que para coller impulso, chegamos ó mosteiro de San Clodio, que bordeamos pola súa parte traseira, buscando vías pouco empregadas.

Deixamos este cenobio por asfalto ata chegar a Viña Mein, punto no que -seguendo as sinais do Ribeiro- aparta un camiño precioso e cheo de auga no inverno, anque perfectamente ciclable, que nos deixa na aldea de Cuñas.

Saíndo da aldea deixamos o percorrido "oficial" para facer un desvío por un sendeiro dos ancestrais primeiro e, xa de volta no camiño do Avia, coller unha super petada (agónica!) que nos deixa a tiro de pedra da aldea de Pazos Hermos, onde facemos un tramo de descenso por unha baixante de auga empedrada moi fermosa.

De novo á altura do Avia, rodamos pola súa beira ata desviarnos para chegar a Esposende, onde comenzamos a subir sen deixar as marcas das rutas do Ribeiro. Pero, a dous quilómetros da localidade, deixamos o percorrido sinalizado para acometer a subida por unha pista que leva unha pendente moderada e nos regala fermosas postais do val.

Dous quilómetros mais tarde chegamos ó cume; neste punto collemos unha estrada secundaria pola que nos deixamos caer para chegar á aldea de A Pena, na que paramos para admirar a espléndida vista do Miño.

Deixamos atrás a aldea e, primeiro por estrada e logo por carreiros, chegamos a Cenlle, localidade pola que deambulamos por un vial moi tranquilo e que morre na plaza da fonte.

Collemos auga e enfilamos por uns camiños asfaltados que van dar ó comunal, que fai que subamos a velocidade media e disfrutemos de mais vistas fermosas, neste caso do Trocado.

A pista do comunal remata na aldea de Cima de Vila, que atravesamos para desviarnos por un carreiro que nos leva a Figueiredo, onde podemos atopar nha casa de turismo rural.

Uns metros de asfalto nos achegan a Ventoselo, onde está o tempo budista, e punto no que arrinca un fermoso carreiro que nos achega a San Amaro.

Dende San Amaro collemos a estrada de Sandulces, pero de seguida apartamos por un camiño polo que discurrimos cara a Montes, e que nos regala bonitas vista de O Carballiño.

De Montes baixamos a Grixoa, O Marco e Aguisar polo xa coñecido camiño. Cruzamos o regato de Varille pola ponte das poldras, onde ainda quedan restos dun muiño, e tomamos o trazado da ruta dos arrieiros que nos leva a As Caldas.

Dende esta localidade discurrimos por pistas que xa nos deixan en O Carballiño.
Carretera Local
Camino
Línea de Manzana
Cenlle
200 m altura
Leiro
A Pena
120 m altura
Camino
480 m altura

4 comentarios

  • Foto de brunosousa

    brunosousa 30-mar-2014

    Ruta hecha 29-03-2014, guapisima con unos senderos y caminos espectaculares y unas vistas lindisimas.
    Enhorabuena Julian muy bon trabajo!

  • Foto de sainzajump

    sainzajump 18-jul-2014

    Moi boas vistas....e vaia guardabarros barato...jaja. https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/carballino-anllo-s-clodio-cenlle-s-amaro-montes-ascaldas-6241097/photo-3424765

  • Foto de Xulio71

    Xulio71 10-mar-2015

    Boa ruta Julk,como todas ;) ,ruta dura pero moi bonita con moi boas vistas,e sobre todo a baixada a San Clodio. (Y) moitas gracias polas rutas

  • Foto de julk

    julk 11-mar-2015

    Grazas, nenos ;)

Si quieres, puedes o esta ruta